_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Operarios municipais rematan o arranxo de pequenos afundimentos de vías en Vilaboa e As Bocas

O persoal do Servizo Municipal de Obras e Servizos encargouse esta semana de arranxar dous afundimentos da calzada producidos en dúas vías secundarias do municipio, en concreto nas zonas de Vilaboa e As Bocas. Os buratos producíronse en ámbolos dous casos pola rotura da rede de saneamento que permitiu que o fluxo de auga saíra minando o terreo e provocando os afundimentos do asfalto.
07.05.2020.- O primeiro dos casos tivo lugar na Rúa Vilaboa, a uns metros do bar Rosaleda, onde de procedeu á reparación da acometida rota e o selado do pozo contiguo. A segunda actuación foi na Rúa Castiñeiro, na zona de As Bocas. Aquí a rotura foi no colector principal e a reparación consistiu na substitución de 4 metros do vello tubo de cemento, por outro de PVC. Nos dous casos, os traballos finalizáronse co posterior recheo das zonas afectadas e do compactado do terreo, quedando pendente o asfaltado para unha actuación conxunta que tamén se realizará na Rúa Ameixeiras, en Sobradelo, onde hai uns meses se abrira un burato de dimensións considerables debido á rotura da canalización do regato soterrado que pasa polas inmediacións do campo de fútbol de Vilaxoán. Tamén nesta zona estiveron traballando estes días os operarios de Obras, realizando novas tarefas de compactado do terreo con zahorra para nivelar a calzada que foi repisando nas últimas semanas. Deste xeito a vía queda preparada para as labores de asfaltado.

Por outro lado, o concelleiro de Obras, Lino Mouriño, informou de que tras o paro da actividade como consecuencia do estado de alarma, a empresa adxudicataria do asfaltado do camiño Perrón-Sentín (Rubiáns) Covsa, retomou hai uns días os traballos. A previsión é que a obra quede completamente finalizada mañá, venres. Esta actuación permitiu ensanchar o camiño, fixando o ancho ás alineacións previstas no PXOM, e instalouse unha rede de drenaxe para recoller as augas pluviais e evitar a aparición de charcos cando chove. A obra, adxudicada por 89.497 euros mellorará considerablemente a seguridade viaria nestes camiños, tanto para os vehículos que circulan por ela, como para os peóns que a transitan.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -