_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O certame virtual dos Maios amosa a cara máis solidaria coa doazón de roscas a sanitarios e colectivos vulnerables

O certame virtual da Festa dos Maios convocado pola Concellería de Cultura con carácter extraordinario dada a situación de confinamento polo COVID19 dáse por clausurada co remate do reparto a domicilio das roscas coas que o Concello agasallou aos participantes no certame. En total foron 325 as roscas distribuídas gratuitamente aos nenos e adultos que enviaron as coplas, as imaxes dos debuxos e dos maios propiamente ditos. E non so as recibiron os participantes, xa que por doazón expresa dalgúns deles, tamén chegaron roscas ao Hospital do Salnés, á residencia de anciáns Divina Pastora e á casa de acollida de Cáritas, poñendo de manifesto a dimensión solidaria que adquiriu este evento.
06.05.2020.- Nalgún caso, os participantes xa poñían de manifesto nas letras das súas coplas o seu desexo de que a rosca que lles correspondía se entregase no Hospital do Salnés, en recoñecemento e agradecemento á labor que está a facer o persoal sanitario a n xeral, como fixeron un grupo de amigos que mandou un vídeo interpretando a súa composición. Pola súa banda, os alumnos do colexio da Escardia cantaban que o doce que lles correspondía fose para os residentes e persoal do asilo. Outros participantes xa deixaban patente o seu donativo no propio email da inscrición no certame.

O Concello, a través da Panificadora Víctor Cordo e Hijos, á que se encargaron as roscas artesás, fixo as entregas tanto nos domicilios particulares como nestes centros, medida adoptada para facilitar o cumprimento das normas de confinamento e de distancia social.

Como xa se dixo o pasado 1 de maio, o resultado desta Festa dos Maios reconvertida ao formato virtual para manter esta ancestral tradición popular durante o confinamento foi un éxito dende todos os puntos de vista. Primeiro, porque se superaron as mellores expectativas de participación. E segundo polo efecto positivo que tivo no ánimo dos moitisimos vilagarciáns, segundo os propios participantes expresaron nos seus correos electrónicos e a través de cartas, como polas mostras de solidariedade ás que dou pé.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -