_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Blanco e Touriñán comunican o aprazamento “sine die” do espectáculo previsto para xuño en Vilagarcía

Carlos Blanco e Xoán Antonio Touriñán tiñan previsto volver a Vilagarcía a principios do mes de xuño para volver a abarrotar o Auditorio Municipal coa segunda edición de “Unha noite na praia”. Os promotores do espectáculo comunicaron onte ao Concello a súa decisión de suspender “sine die” as funcións previstas ata o mes de xullo, na que se inclúen as de Vilagarcía, por “prudencia” dada a crise sanitaria que vivimos e en espera de que as circunstancias da pandemia do coronavirus permitan recuperar a normalidade e “os teatros poidan estar cheos de novo”.
05.05.2020.- Os promotores do espectáculo informan que as entradas que xa foran adquiridas manteñen a súa validez para cando se fixen novas datas do espectáculo. Maila isto, tamén dan a opción de recuperar o importe das mesmas, para o cal os interesados poden informarse a través da web http://www.unhanoitenapraia.gal

Recollemos o texto íntegro do comunicado:

“Amigas e amigos:
Logo de coñecer as medidas para que pouco a pouco poidamos recuperar a normalidade, cremos que a nosa praia non poderá abrir este verán.
Así que aprazamos todas as funcións previstas entre maio e xullo, e polo momento non poñemos novas datas. Serán o antes posible, cando os teatros poidan estar cheos de novo. O certo é que non sabemos cando será iso, e pensamos que o máis prudente agora e non ter presa, e agardar.
Xa sabedes: as entradas que tedes serán validadas para as novas datas, pero se precisades recuperar os cartos podedes informarvos sobre como facelo en http://www.unhanoitenapraia.gal , como mellor vos veña!
Wn canto teñamos novidades seredes as e os primeiros en coñecelas, por correo electrónico e a través das novas redes sociais. Ata entón madámosvos toda a forza e ánimo!”

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -