AVISOS
Reábrese o período de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal da Lomba A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía informa de que se reabre o prazo de solicitude de praza na escola Infantil Municipal para o vindeiro curso escolar 2020/21, que se vira suspendido como consecuencia do estado de alarma decretado pola `pandemia do COVID-19. As familias interesadas xa poden realizar o trámite de solicitude, tanto na modalidade de renovación de praza para as crianzas que xa estaban matriculadas este curso, como para os de novo ingreso. Os primeiros terá de prazo ata o 1 de xuño e os segundos ata o 12 dese mesmo mes.
05.05.2020.- O formulario de solicitude está dispoñibles no taboleiro de anuncios da páxina web municipal http://www.vilagarcia.gal , na sede electrónica, así como no Centro de Servizos Sociais do Concello.
Dende o departamento que dirixe Tania García infórmase ademais de que o baremo a ter en conta á hora de avaliar as solicitudes,o número da ratio de menores que se permitirá por cada aula e as condicións de apertura e funcionamento da Escola Infantil Municipal variarán en función das medidas que sexa preciso adoptar como consecuencia da pandemia sanitaria e que aínda están pendentes de establecer por parte dos organismos superiores correspondentes.