_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio continúa coa formación “online” ata final de curso e pon data ás avaliacións

O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía continuará impartindo formación “on line” ata final de curso, igual que o ven facendo, cun resultado moi positivo, dende o inicio do confinamento pola pandemia do coronavirus. A data de remate de curso mantense sobre o calendario inicialmente previsto, mentres que, seguindo as instrucións que vén de dar a Consellería de Educación, o día 14 de maio realizarase a avaliación dos alumnos de 6 curso do grao Profesional, que rematan a formación no Conservatorio, mentres que as notas do alumnado dos demais niveis de Elemental e Profesional poranse o 3 de xuño. En canto á data para a realización das probas de acceso para o vindeiro curso, o centro vilagarciá está á espera da decisión que adopte a Consellería, da cal se informará debidamente.
02.05.2020- Pese as actuais circunstancias pola pandemia, o Conservatorio de Vilagarcía mantivo a formación do seu alumnado en todo momento, para o cal tivo que adaptarse á situación e facer uso de distintos medios e sistemas telemáticos. O ano pasado o Concello contratou unha ampliación do programa de xestión académica do Conservatorio, polo que profesores e alumnos acceden dende ese momento a unha plataforma online que permite e facilita que as avaliacións se poidan desenvolver correctamente #nacasa.

No que se refire á docencia, que se mantivo de forma continuada, excepto durante as vacacións de Semana Santa, rexistráronse semanalmente as sesións celebradas para facilitar as avaliacións. Ademais, estanse a usar diferentes aplicacións e sistemas (desde Whatsapp, Google Duo, Webex, Zoom, Skype…) para trasladar ao alumnado e recibir as tarefas, tanto as relativas ás diferentes materias instrumentais, como ás teórico-prácticas do tipo de linguaxe musical, harmonía, análise, etc…. E tamén se fai uso da aula virtual creada polo profesor de Novas Tecnoloxías. O obxectivo foi o de facilitar a conexión con todo o alumnado e a través dos medios dispoñibles en cada caso.

A maiores do esforzo realizado polos docentes, a dirección do Conservatorio salienta a implicación e o interese do alumnado e das súas familias, sobre todo no caso dos educandos de menor idade que en moitas ocasións tiveron que contar coa axuda de familiares adultos para conectarse. Maila isto, e despois do tempo transcorrido, a inmensa maioría xa se desenvolve perfectamente con este tipo de tecnoloxías sen precisar de axuda, o que supuxo un gran avance que non se conseguiría de forma tan rápida se non fose pola imperiosa necesidade obrigada polo confinamento.

Outro dos efectos positivos desta situación, segundo sinalan os docentes, foi adopción habitual da gravación en audio e/ou video e posterior audición como sistema de autocontrol por parte do propio alumnado, unha práctica que xa recomendaban os profesores para fomentar o espírito crítico e mellorar a técnica interpretativa por parte de cada un, pero que agora se intensificou.

En base ao exposto, dende o Conservatorio sinalan que o curso rematarse cun nivel bastante bo, tendo en conta a dificultade que supuxo impartir música con estas limitacións e desta forma imprevista.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -