_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello amplía o servizo de Teleasistencia con 60 novas prazas para dar cobertura ás necesidades da crise sanitaria

En resposta ás novas necesidades que se están producindo como consecuencia da pandemia do COVID e a crise sanitaria, o Concello de Vilagarcía segue a poñer en marcha novas medidas para dar cobertura ás demandas que poidan producirse. A máis recente é a decisión de ampliar con 60 novas prazas o servizo de Teleasistencia que os Servizos Sociais municipais xa viñan prestando a través de Cruz Vermella. A Xunta de Goberno acordou onte incrementar en 12.000 euros a partida destinada a financiar este servizo do que se beneficiarán as persoas máis vulnerables, dado prioridade ás que vivan soas e teñan menores ingresos. O servizo será gratuíto para os beneficiarios.
30.04.2020.- A ampliación da capacidade do servizo de Telesasitencia ten dous obxectivos. O primeiro é o específico que fundamenta esta prestación: proporcionar unha asistencia preventiva a domicilio, inmediata e permanente, para a atención a persoas maiores ou dependentes. O sistema garante unha intervención inmediata en crises persoais, sociais ou médicas, proporcionando seguridade e evitando ingresos innecesarios en centros residenciais. Ademais, o servizo contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, facilitando o contacto co seu entorno social e familiar.
A segunda, que adquire maior relevancia durante a crise sanitaria que estamos a vivir, é evitar a saturación de outros dispositivos sociosanitarios, grazas a esa atención rápida e a domicilio.

As persoas usuarias da Teleasistencia reciben un dispositivo para levar colgado en todo momento a modo de colar ou como unha pulseira. Este sistema está conectado de forma inalámbrica co teléfono fixo ou móbil polo que, en caso de sentirse indisposto ou sufrir algún incidente, o usuario so ten que premer o dispositivo que leva posto para activar a alerta que fai que se lle envíe a asistencia necesaria ao seu domicilio. O sistema está operativo as 24 horas do día.

As novas altas no servizo de Teleasistencia realizaranse en baseo á valoración dos técnicos entre as persoas usuarias dos Servizos Sociais municipais en situación de vulnerabilidade, dando prioridade ás que viven soas e con menos ingresos. Aínda que, polo momento créanse 60 novas prazas, a capacidade do servizo podería volver a ampliarse de ser necesario.

Outras medidas

Os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía levan realizado unha intensa labor dende o inicio da crise sanitaria, poñendo en marcha novos servizos para a atención específica da situación creada pola pandemia e polo confinamento das persoas. O departamento que dirixe Tania García prestou especial atención aos colectivos máis vulnerables e de maior risco, creando un teléfono de asistencia 24 horas para todo tipo de necesidades sociais de emerxencia, unha liña de seguimento e acompañamento telefónico para as persoas que viven soas e precisan de apoio emocional e conversa para sobrelevar o confinamento, outro para casos de violencia doméstica, un servizo de entrega domiciliaria de alimentos e medicamentos, púxose en marcha o albergue provisional para persoas sen fogar en Fexdega, e o aloxamento para unidades familiares en situación de emerxencia no Convento dos Padres Claretianos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -