_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno aborda con Ahituvi a proposta de flexibilización temporal da ordenanza de terrazas

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo, Paola María, mantiveron esta mañá unha primeira reunión cos representantes da asociación de hostaleiros Ahituvi co obxecto de expoñerlles as medidas que se van a poñer en marcha dende a administración local para axudar ao sector a remontar a crise económica que aveciña como consecuencia da pandemia do coronavirus. Ademais de expoñerlle a decisión xa anunciada onte polo goberno local de permitir de forma excepcional e temporal unha maior ocupación da vía pública para a instalación das terrazas, tamén se falou da ampliación de horarios, da creación de bonificacións fiscais ou da posibilidade de establecer a exención da taxa das terrazas.
30.04.2020.- Os hostaleiros ven moi positiva a medida relativa a ampliación da superficie a ocupar polas terrazas, dada a redución de aforo é da separación que terán que manter entre veladores para garantir as normas de seguridade impostas polas autoridades sanitarias para previr posibles contaxios e a expansión do coronavirus. Ampliando a superficie poderán dispor de máis mesas e, polo tanto, atender un maior volume de clientela, sempre, por suposto, cumprindo os requisitos establecidos polo Estado para cada fase da desescalada e, tal como se insistiu dende o Concello, garantindo igualmente a accesibilidade e as vías de paso para os peóns. Neste punto, dende Ravella tamén se lles explicou que daráselles todas as facilidades posibles para que o impacto da crise sexa o menor posible, pero advertindo que a ampliación da superficie a ocupar estará condicionada en todo caso polas propias características da rúa ou praza na que se atopen os establecementos. Nalgunhas zonas será posible esta flexibilización e noutras, por falta de espazo pode que non o sexa.

O rexedor informoulles de que a proposta urbanística está sendo redactada polos servizos técnicos de Urbanismo e, unha vez concretados os termos someterase á aprobación da Xunta de Goberno e, por último, deberá ser ratificada do Pleno da Corporación. No relativo ás medidas fiscais, serán os técnicos de rendas e Intervención os que determinen a viabilidade. Os documentos trataranse previamente na Xunta de Voceiros, como se está a facer co resto das medidas de recuperación da economía local, coa intención de compartir ideas e sumar esforzos entre todos os grupos da Corporación, polo que Varela está convencido de que a oposición respaldará a medida que pretende axilizar a recuperación dun sector que ten un importante peso na economía local de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -