_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de mellora de servizos e urbanización da rúa O Freixo

A Xunta de Goberno Local retomou hoxe a actividade despois da suspensión temporal das sesións decretada como consecuencia da declaración do estado de alarma o pasado 13 de marzo, tempo no que a actividade municipal centráronse na xestión da crise a través da comisión especial de seguimento da pandemia do coronavirus. Ademais de aprobar a acta da ultima xunta, a do 9 de marzo, na reunión de hoxe déronse curso a asuntos de trámite de todo tipo xa previstos para tratar na sesión do 16 de marzo que non chegou a celebrarse e outros que se foron engadindo nestas semanas. Entre eles a aprobación do proxecto técnico de mellora de servizo e urbanización da Rúa O Freixo, en Vilaxoán, que terá un custe de 148.571,45 euros.
28.04.2020.- A mellora na Rúa do Freixo é unha actuación que demandaban dende hai tempo os veciños da zona debido aos problemas de anegamento que sofren en época de choiva e tamén debido aos problemas que se rexistraban coa rede de saneamento. A isto sum´ñabase a estreitez do camiño, que impedía o acceso da maquinaria precisa para realizar as obras. Por esta razón, e previamente á redacción do proxecto, o goberno local tivo que xestionar e adquirir unha franxa de terreo á empresa Coínba para poder, antes de nada, ensanchar a vía.
Salvado este punto coa compra da tira de terreo de 551 metros cadrados por importe de 15.000 euros, o Concello contratou o estudo topográfico e a continuación, redactouse o proxecto técnico e de obra.

O documento aprobado pola Xunta de Goberno prevé levar a cabo distintas actuacións para resolver os problemas mencionados. As obras consistirán en ensanchar o vial ata a aliñación prevista no P.X.O.M.. Para isto terase que retranquear un muro. Tamén se prevé o soterramento das canalizacións de servizos de telecomunicacións, alumeado público e electricidade, así como a mellora e ampliación das redes de abastecemento de auga, saneamento e recollida de pluviais. O traballo rematará coa pavimentación da calzada.
Unha vez aprobado o proxecto técnico e de execución, o seguinte paso será concretar o xeito de financiar a obra.

A partir de hoxe, as sesións da Xunta de Goberno volverán a celebrarse de novo semanalmente, como estaba establecido como norma habitual. De momento tamén se mantén comisión de seguimento para centrarse nas actuacións e medidas a poñer en marcha en relación á crise sanitaria e económica.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -