_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello compra máscaras FFP2 para colectivos vulnerables e anuncia as primeira medidas para a recuperación

O Concello de Vilagarcía adquirirá 12.000 máscaras FFP2 para repartir de forma gratuíta entre os colectivos máis vulnerables ao coronavirus: maiores de 65 anos e persoas con patoloxías previas. A medida anunciouna o alcalde, Alberto Varela, tras a xunta de voceiros mantida esta mañá a través de videoconferencia na que se tratou este asunto, así como as primeiras medidas que se porán en marcha dende Ravella de cara á reconstrución económica e social de Vilagarcía: reforzo dos Servizos Sociais, creación dunha liña de axudas directas aos negocios afectados pola crise, unha campaña de dinamización de comercio, hostalería e todo tipo de pequenos negocios a través de bonos compra subvencionados polo Concello e un Plan de Continxencia do sector turístico. A estas medidas súmanse as bonificacións e exencións fiscais anunciadas previamente e que de desenvolverán e concretarán nas vindeiras semanas, como as bonificacións fiscais.
24.04.2020.- O alcalde comentou que “a estas alturas xa todos somos conscientes de que esta pandemia vai a impoñer cambios a corto e medio prazo na vida das persoas e na forma de relacionarnos que tiñamos ata o de agora e que, tras a crise sanitaria haberá un forte crise económica, da que temos que intentar saír entre todos e canto antes”.
Baixo estas dúas premisas traballa o Concello para abordar segunda etapa desta crise, na que, mantendo a prioridade na atención social “que vai a facer moita falta”, as medidas municipais orientaranse á recuperación e dinamización da actividade económica, social e cultural do municipio.

MEDIDAS PARA A DESESCALADA

- Adquisición e reparto de máscaras:
O Concello compra 12.500 Máscaras do tipo FFP2, que teñen unha validez efectiva para 5 días de uso, e que suporán un gasto de 20.000 euros.
Esta medida xa se acordara a semana pasada cos voceiros de todos os grupos da oposición na reunión da semana pasada, tanto no relativo á compra como ao tipo de máscara, desbotando as de un so uso para e optando por unhas de maior durabilidade e protección. Os voceiros tamén se mostraron de acordo en que había que priorizar o reparto entre os colectivos máis vulnerables, por iso vanse distribuír aos maiores de 65 anos (8.103 persoas censadas en Vilagarcía) e a quen presente patoloxías que os convertan en persoas de risco especial. Os criterios son os que recomendan as autoridades sanitarias e a OMS.
A orde de compra xa foi dada e tan pronto se sirva o pedido darase a coñecer o sistema de distribución que, en todo caso, debe manter a cadea de seguridade e hixiene para garantir que o produto chega en perfectas condicións ao usuario. A previsión é que estean repartidas de cara ao levantamento do estado de alarma e o remate das normas de confinamento.

- Última fase da reincorporación progresiva da actividade municipal presencial:
A semana pasada comenzaron a traballar a metade dos servizos externos do Concello. A partir do luns, empeza a metade do persoal nos servizos internos, mantendo as normas de distanciamento e protección e turnando coa outra metade que, cando non estea no Concello traballará telematicamente, como ata o de agora, e sempre que os medios o permitan. Despois de 15 días, e se non hai nada que o desaconselle, xa traballará presencialmente o 100% do persoal a diario. O horario de atención ao público nestas dúas semanas de 9 a 14 horas, ampliándose ao habitual, a partir da terceira semana.

REACTIVACIÓN E DINAMIZACIÓN DA ECONOMÍA LOCAL

o Reforzo dos Servizos Sociais con máis persoal para poder atender e dar trámite ó incremento de solicitudes de axuda que se prevé.

o Axudas económicas:
- Liña de Axudas directas de nova creación para negocios que se viran obrigados a deter a súa actividade e sufriran perda de ingresos.
- As axudas á creación de empresas e á contratación por conta allea xa existentes, ampliaranse.
- Elaborarase unha estratexia integrada de reactivación, que implicará a todas as concellerías para coordinar esforzos e actuacións en todos os ámbitos municipais e que contará cos distintos axentes económicos.

o Campaña de dinamización do comercio local, no sentido máis amplo (comercio, hostalería, autónomos e outros negocios), mediante a posta a disposición de bonos-compra subvencionados polo Concello. A campaña, que xa está bastante avanzada, presentarase en breve.

ADAPTACIÓN

o I Festa dos Maios Virtual. Este é o primeiro exemplo de cómo o Concello de Vilagarcía irá adaptando as celebracións e festexos que sexa posible, na medida das circunstancias e das normas que se impoñan para continuar combatendo a pandemia do coronavirus. Varela apuntou que “evidentemente os actos multitudinarios parecen imposibles este ano, pero buscaremos fórmulas alternativas para seguir mantendo as tradicións e seguir ofrecendo cultura e divertimento ata que todo volva a normalidade”.

o Apoio e potenciación do sector cultural e artístico local: A cultura é xeral é outro dos sectores que máis fortemente se está vendo afectado pola crise e o que vai a tardar máis en recuperar a normalidade. De aí que tanto o goberno como os grupos da oposición aposten porque o Concello estableza liñas de apoio e de potenciación do sector cultural e artístico local, apostando polos creadores do municipio á hora de reprogramar a actividade cultural en base ás novas circunstancias.

o Plan de Continxencia do Sector Turístico. No marco do Plan Estratéxico que o Concello está redactando, xa se incluíu a elaboración dun Plan de Continxencia que serva para propoñer ideas e aportar solucións á nova situación que se plantea para que o sector turístico local poida afrontar a crise na mellor situación posible, mediante novos produtos adaptados ás novas circunstancias centrándose no turismo de proximidade e o uso das novas tecnoloxías.

O servizo público, a prioridade exclusiva dos políticos durante a crise

Todas as medidas anunciadas foron abordadas e postas en común cos grupos da oposición na liña de actuación que está mantendo o goberno local, que tendeu a man desde o principio a crise a todos os que estiveses dispostos a colaborar e a traballar conxuntamente e de forma construtiva, como require unha situación tan grave e excepcional como a que estamos a vivir a nivel mundial e que fai imprescindible a unidade. Neste punto, o alcalde volveu a agradecer “a colaboración dos partidos que entenderon este deber cívico e que están demostrando a súa responsabilidade, dando prioridade ao servizo público e deixando de lado o interese político. Tempo se sobra haberá para a crítica canto todo isto pase”, concluíu Varela Paz.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -