_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello habilita as oito primeiras habitacións da residencia dos claretianos para unidades familiares en situacións de risco

O Concello xa ten habilitadas as primeiras 8 habitacións da residencia dos Pais Claretianos como residencia alternativa para unidades familiares en situación de risco ou mesmo para alguén que necesite pasar unha cuarentena afastado da súa familia e non teña aloxamento onde facelo. O proceso de reacondicionamento foi realizado polo Concello con operarios municipais e a empresa concesionaria da limpeza de edificios públicos, Clece, e a colaboración das ONGs Cáritas e Cruz Vermella.
04.08.2020. Cada habitación conta con equipamento completo, todas con baño privado, unha ou dúas camas, roupa e útiles de hixiene. A máis, e para uso colectivo, este aloxamento dispón tamén de sala de estar, frigorífico e microondas. Chegado o caso, por exemplo, dunha cuarentena, podería instalarse un microondas ou unha neveira pequena na habitación, dada a súa amplitude. A día de hoxe hai 8 habitacións xa listas para ser usadas, pero en función das necesidades podería chegarse a ocupar as 13 que conforman a residencia relixiosa. A alimentación será provista a través dun convenio cun establecemento hosteleiro da cidade. De igual xeito se fará co servizo de lavandería.

O aloxamento da praza de Constitución será utilizado cando o así o decidan os Servizos Sociais á vista dunha situación de risco social para unidades familiares ou ben, como xa se dixo, cando sexa preciso illar a unha persoa para evitar contaxios na súa familia e non teña outra residencia alternativa. Como se sabe, paralelamente funciona un albergue de transeúntes en Fexdega, pero tendo obxectivos similares responden a necesidades e conceptos distintos. No albergue de Fexdega hai nestes momentos 23 persoas, dispoñendo de 12 camas máis ata sumar as 35 totais deste aloxamento.

A cesión temporal da residencia dos Claretianos foi xestionada polo Concello diante da Orde relixiosa, que dende o primeiro momento amosou unha total disposición; un acto de solidariedade que o goberno local agradece publicamente. A cesión é completamente gratuíta e ademais do seu acondicionamento (revisión de auga, calefacción, limpeza, dotación de roupa, etcétera), o Concello asume todos os gastos dos servizos e o seguro de responsabilidade civil.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -