_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello achega material escolar a 34 alumnos que non teñen acceso a internet en casa

Un total de 34 nenos e nenas que non teñen acceso a internet na casa recibiron estes días diverso material elaborado polos seus centros e distribuídos a domicilio polo voluntariado que colabora co Concello. Na súa intención de tratar de minimizar os efectos da pandemia, o Servizo de Atención Psicosocial de Urxencia creado polo concello púxose en contacto con todos os centros educativos da cidade para coñecer de primeira man a situación dos nenos e nenas que afectados pola fenda dixital.
07.04.2020. Deste xeito, cinco colexios e un instituto participaron nesta acción, preparando diverso material escolar que foi remitido ao Concello. Dende aquí, e a través do voluntariado, cada uno deses nenos e nenas recibiron no seu domicilio a citada documentación didáctica. O Concello segue en contacto cos centros para posibles futuras accións e detectar calquera nova necesidade que afecte ao escolares da cidade. Paralelamente, os rapaces do poboado de etnia xitana de Berdón seguen recibindo a apoio socioeducativo que xa estaba establecido nun programa específico.

Na actualidade, no Servizo de Atención Psicosocial participan máis de 50 persoas entre traballadores municipais e voluntarios. Isto permite que ata hoxe se teñan xestionado 455 demandas de atención. Ademais das habituais, a través de convenios con diversos establecementos, que ou ben envían os lotes de alimentación e hixiene aos domicilios ou ben son os beneficiarios quen os recollen nos comercios mediante vales, destacan as 44 persoas, normalmente de avanzada idade, que agora non poden saír da casa e as que se lles axuda nas súas xestións de proximidade: facer a compra, baixar o lixo, etcétera. A estes veciños se suman outros 22 que reciben un apoio específico en forma de entrega domiciliaria dos medicamentos que precisan.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -