CONCELLO
Vilagarcía suma nos últimos 15 días, 70 denuncias por incumprir as normas do confinamento O número de denuncias interpostas pola Policía Local nos últimos quince días por incumprimento das normas do confinamento ascende a 70. Pese a que a inmensa maioría dos cidadás cumpre escrupulosamente coas regras para frear a expansión do virus e evitar a saturación dos centros hospitalarios, segue habendo quen as salta sen ser conscientes do risco de contaxio do coronavirus ao que se expoñen eles mesmos, e ao que expoñen ás demais persoas coas que se relacionan. Por iso, dende o Concello de Vilagarcía faise un chamamento á responsabilidade colectiva para esta segunda parte do confinamento, insistindo en que nesta crise temos que loitar xuntos e unidos e que “cada día que pasamos nas nosas casas, achéganos máis ao día de volver ás nosas rúas”.
31.03.2020.- Maila a actitude “temeraria” duns poucos, dende o Concello agradécese o “titánico esforzo” que está a facer a práctica totalidade da cidadanía de Vilagarcía en xeral, “motivo polo que debemos sentirnos moi orgullosos e que debe de infundirnos aínda máis ánimo para continuar sen baixar a garda durante o tempo que quede para que as medidas adoptadas polo Goberno segan surtindo efecto, como xa está empezando a notarse”.
Por parte do executivo local, asegúrase o Concello continuará poñendo a disposición dos vilagarciáns todos os seus medios e adoptando as medidas que sexan oportunas para que todos os vilagarciáns poidan levar do mellor xeito posible o confinamento e afrontar as posteriores consecuencias económicas da crise. Neste punto agradécense as numerosas mo