_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Emerxencias pon a disposición do PAC de Vilagarcía unha carpa para a clasificación de pacientes

Despois da montaxe da base de descontaminación do persoal das ambulancias do 061 no Hospital do Salnés –a primeira destas características que se crea en Galicia-, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Vilagarcía tamén puxo a disposición do PAC de San Roque unha das súas carpas para facilitar unha mellor e máis segura organización da atención dos pacientes que acoden ao servizo de urxencias. A instalación actúa como antesala para cribar canto antes os casos sospeitosos de COVID, que se someten ao protocolo establecido, de xeito que se reduzan os riscos de contaxio e de contaminación das instalacións.
27.03.2020.- persoas que acudan ao servizo de urxencias de San Roque deberán dirixirse en primeira instancia a esta carpa, onde persoal sanitaria fai una avaliación preliminar dos seus síntoma. Os que presenten síntomas de coronavirus serán illados e tratados segundo o establecemento concreto, mentres que os demais se dirixirán ás instalacións para a consulta cos médicos ou enfermeiros, segundo corresponda e. sempre, cumprindo coas normas de seguridade previstas.

Con esta preselección dos pacientes e a detección anticipada dos posibles casos de coronavirus se reducen os riscos de contaxio e de contaminación das instalacións.

A carpa do PAC estará operativa polas tardes e durante as fins de semana, fóra do horario habitual de consultas do Centro de Saúde, no que tamén se está a seguir un proceso de clasificación de pacientes similar no recibidor do edificio.
Esta actuación do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello enmárcase na liña de colaboración que se está manter entre distintas administracións na loita contra a pandemia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -