CONCELLO
Emerxencias pon a disposición do PAC de Vilagarcía unha carpa para a clasificación de pacientes Despois da montaxe da base de descontaminación do persoal das ambulancias do 061 no Hospital do Salnés –a primeira destas características que se crea en Galicia-, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Vilagarcía tamén puxo a disposición do PAC de San Roque unha das súas carpas para facilitar unha mellor e máis segura organización da atención dos pacientes que acoden ao servizo de urxencias. A instalación actúa como antesala para cribar canto antes os casos sospeitosos de COVID, que se someten ao protocolo establecido, de xeito que se reduzan os riscos de contaxio e de contaminación das instalacións.
27.03.2020.- persoas que acudan ao servizo de urxencias de San Roque deberán dirixirse en primeira instancia a esta carpa, onde persoal sanitaria fai una avaliación preliminar dos seus síntoma. Os que presenten síntomas de coronavirus serán illados e tratados segundo o establecemento concreto, mentres que os demais se dirixirán ás instalacións para a consulta cos médicos ou enfermeiros, segundo corresponda e. sempre, cumprindo coas normas de seguridade previstas.
Con esta preselección dos pacientes e a detección anticipada dos posibles casos de coronavirus se reducen os riscos de contaxio e de contaminación das instalacións.
A carpa do PAC estará operativa polas tardes e durante as fins de semana, fóra do horario habitual de consultas do Centro de Saúde, no que tamén se está a seguir un proceso de clasificación de pacientes similar no recibidor do edificio. Esta actuación do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello enmárcase na liña de colaboración que se está manter entre distintas administracións na loita contra a pandemia.