_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello seguirá pagando os canons das concesionarias para evitar expedentes de regulación de emprego mentres dure a alarma

O Concello de Vilagarcía seguirá abonando o canon establecido ás empresas concesionarias de servizos que nestes momentos non poden ofrecelos segundo o contrato e causa do estado de alarma sanitaria. A decisión adoptouse hoxe na reunión da Comisión de Seguimento da crise e ten por obxecto axudar a que as empresas eviten ter que recorrer a un expediente de regulación temporal de emprego.
Vilagarcía, 23 de marzo de 2020.- O Concello de Vilagarcía seguirá abonando o canon establecido ás empresas concesionarias de servizos que nestes momentos non poden ofrecelos segundo o contrato e causa do estado de alarma sanitaria. A decisión adoptouse hoxe na reunión da Comisión de Seguimento da crise e ten por obxecto axudar a que as empresas eviten ter que recorrer a un expediente de regulación temporal de emprego.

23.03.2020. Obviamente, isto terá un custe para o concello, pero con iso se garante que todos os traballadores afectados manteñan a integridade dos seus salarios. Con todo, é unha medida que abrangue aos meses de marzo e abril. Se o estado de alarma continúa, o concello avaliará de novo a situación. As empresas afectadas son as que xestionan a limpeza de edificios municipais, a piscina, o servizo de axuda ao fogar (SAF) e a escola infantil municipal.

Na reunión de hoxe constatouse que os demais servizos municipais esenciais, é dicir, Policía Local, Protección Civil, Servizos Socias e Recollida de Lixo seguen funcionando a pleno rendemento sen ningunha incidencia digna de destacar. En Servizos Sociais, por exemplo, traballan arreo 30 persoas de distintos departamentos, aos que desde hoxe se suman 10 máis do voluntariado para atender ás persoas maiores con dependencia, inmunodeficientes ou en risco psicosocial aos que lle farán chegar alimentos, medicinas ou calquera outra cousa que precisen.

Como se informou anteriormente, o Concello está en permanente contacto coas ONGs da cidade para detectar e paliar na medida das súas posibilidades calquera nova necesidade. Agora mesmo, por exemplo, se trata de coñecer a situación dos rapaces e rapazas que teñen comedor escolar gratuíto, unha vez que as clases están pechadas.

En xeral, destácase a gran colaboración cidadá neste tempo de crise. De feito, en 9 de días de confinamento tan só se rexistraron 12 denuncias por incumprir as normas. En moitos casos, ademais, dáse a circunstancia de que son os propios veciños que están confinados quen alertan á policía de que nun determinado lugar outras persoas están incumprindo a orde de permanecer na casa, poñendo así en perigo aos demais. Igualmente, cando se produce unha queixa por exceso de ruído as advertencias da Policía Local son atendidas inmediatamente.

A colaboración cidadá estase manifestando tamén no ofrecemento de distintos particulares para confeccionar máscaras de protección, de ser necesario, ou de empresas que poñen a disposición do Concello as súas furgonetas cando así o precise. Neste sentido, cabe destacar tamén a doazón por parte do bazar chinés de Rey Daviña de máscaras e guantes. O Concello, por iso, quere agradecer publicamente estas e outras mostras de solidariedade e anima aos cidadáns a manter este nivel de civismo e responsabilidade, peza fundamental para impedir máis contaxios e polo tanto evitando que o sistema sanitario poida colapsar.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -