MULLER
O Concello mantén os servizos ás mulleres en situación de violencia de xénero por vía telemática e telefónica Diante da excepcional situación de alerta sanitaria que está a dificultar gravemente a normal prestación do servizo de atención a mulleres en situación de violencias machistas, o Concello decidiu que a Área de Igualdade-CIM seguirá mantendo o servizo de información, tramitación de recursos, asesoramento xurídico e apoio psicolóxico tanto por vía telefónica coma por correo electrónico. O teléfono é o 986 099 200 ext 102 e 136 (de luns a venres, de 9 a 14 horas). O e-mail é: muller@vilagarcia.gal .
Deste xeito, as persoas con citas xa programadas nos servizos de apoio psicolóxico ou asesoramento xurídico recibiran a atención por vía telefónica; as que desexen pedir nova cita, poderán facelo por teléfono ou e-mail. Pola súa banda, as axudas xa solicitadas, derivadas da situación de violencia de xénero, seguen a súa tramitación; quen o precise, pode pedir novas axudas, porque os prazos permanecen abertos. Igualmente, segue funcionando o servizo de teleasistencia móbil (TAM) para vítimas, podendo reportar calquera situación de risco con simplemente pulsar un botón.
Ante calquera situación de violencia de xénero, as afectadas poden recorrer tamén a outras canles, ademais das citadas:
- Servicio de atención telefónica (24 horas)- 900 400273 - Tfno. de información e denuncia de violencia de xénero – 016 - Servizos 24 horas de alerta da Garda civil a través dos tfnos de emerxencias .- 062 e 112 - Servizo online de información e asesoramento en violencia de xénero - 016-online@mscbs.es . - Servizo de Asesoramiento xurídico online www.igualdade@xunta.gal - Servizo da Policía Nacional e Garda Civil para reportar calquera delito, incluídas violencia de xénero e sexual: https://alertcops.ses.mir.es/mialertcops /. Trátase dunha aplicación móbil gratuíta que permite xeolocalizar á vítima, sempre que se autorice na configuración, e abre un chat cando a vítima pulsa a alerta permitindo a comunicación con ela. É apto tamén para persoas xordas.
As mulleres con discapacidade auditiva e/ou da fala poden comunicarse co 016 a través dos seguintes medios: • Teléfono de texto (DTS), no número 900 116 016. • Servizo Telesor a través da propia páxina web de Telesor: http://www.telesor.es . • Teléfono móvil o PDA. Nambos casos se necesita instalar unha aplicación gratuíta seguindo os pasos que se indican na página web de Telesor. • Servicio de videointerpretación SVIsual a través da páxina http://www.svisual.org .