_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local eleva a 9 as denuncias por incumprir a orde de confinamento

No que levamos de estado de alarma, a Policía Local xa tramitou nove denuncias por incumprimento da orde de confinamento. As denuncias son tramitadas diante da Subdelegación do Goberno, que será a que ditamine o tipo de sanción que lle corresponde, de ser o caso. Ao respecto, dende o Concello lémbrase a necesidade de cumprir estritamente as normas, entre elas as que deron orixe a maior parte das denuncias: os parques, praias e áreas recreativas están pechadas; nos vehículos só pode ir unha persoa, agás en casos determinados (unha persoa dependente, un neno, unha persoa trasladada a un centro sanitario); e sacar a pasear a unha mascota ten límites espaciais e temporais: sempre na contorna do domicilio e por un tempo razoable, o que non pode ser é unha especie de salvoconduto para pasear por todo o casco urbano ou para estar horas fóra da casa.
21.03.2020. No día de onte volveron a rexistrarse algunhas queixas polo exceso de volume da música en algúns domicilios, pero como vén sendo habitual, tan pronto como foron advertidos presencial ou telefonicamente, os propietarios baixaron os niveis de ruído. Á vista deste caso, como nos anteriores, o Concello volve a reclamar a maior colaboración da veciñanza, aínda recoñecendo que a inmensa maioría está a cumprila con tanta disciplina coma paciencia.

NORMALIDADE NO ALBERGUE
Por outra banda, o albergue para persoas sen fogar habilitado en Fexdega comezou a funcionar na tarde-noite de onte con total normalidade. Os usuarios -17 homes e 3 mulleres- cumpren perfectamente coas normas e amosan a mesma inquietude que pode manifestar calquera outro veciño que ten que estar confinado na súa propia casa. Dende onte xa teñen material para entreterse (pasatempos, libretas, bolígrafos, etcétera). A partir do luns terán tamén actividades de animación dirixidas polo persoal técnico do SPAD, Servizos Sociais e Igualdade. A manutención está garantida a través dun cátering servido por unha empresa de hostalería local. A vixilancia durante o día exércena os conserxes de Deportes e de Educación, e pola noite os membros do servizo de vixilancia de Cruz Vermella que xa facían a mesma función no albergue da praza da Constitución.

ATENCIÓN AOS MAIORES E DEPENDENTES
A atención ás persoas maiores dependentes, inmunodeficientes ou en risco psicosocial tamén de desenvolve con normalidade, segundo o protocolo establecido polo Concello coa participación de Servizos Sociais, Igualdade e SPAD. Os usuarios habituais do Servizo de Axuda a Domicilio –arredor de 40 persoas- seguen recibindo a mesma axuda, no caso da manutención a través de pedidos que serven directamente os supermercados por indicación do Concello. Ademais, se atenden regularmente as chamadas de persoas que precisan que lle leven a compra ou medicinas –arredor de 120- e o luns porase en marcha o voluntariado que axudará a manter a axuda a estes colectivos.

Por outra banda, e seguindo o citado protocolo, o Concello está en permanente contacto coas distintas ONGs do municipio para detectar e atender o máis rapidamente posible calquera nova necesidade das persoas ou familias máis vulnerables ou mesmo das entidades que as atenden. Ademais de garantir a seguridade e establecer axudas para as empresas ou negocios diante desta crise, para o Concello é fundamental manter a atención psicosocial aos veciños e veciñas con menos recursos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -