_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello paraliza temporalmente o cobro de taxas e impostos e estuda exencións a comercios e pymes

O Concello paralizará a emisión dos padróns de taxas e impostos mentres dure a crise do Covid-19 o que, na práctica, significa que deixará de recibir estes ingresos entretanto non se normaliza a actual situación. Igualmente, a través dos servizos de Intervención e Rendas se estuda como establecer a nivel local exencións ou bonificacións a comercios, hostalería, autónomos e empresas en xeral, todo a expensas tamén das medidas que poidan adoptar o Goberno da nación e a Xunta de Galicia.
16.03.2020. De igual xeito, a decisión do goberno local é que aquel servizo que non se presta non se pode cobrar, é o caso da gardería, da escola de música, o conservatorio e ata as terrazas da hostalería. Con todo, e malia esa vontade xa expresada, son os técnicos os que teñen que avaliar e propoñer a solución técnica para facela efectiva.

En calquera caso, a intención do goberno de Alberto Varela é clara: este un problema global que hai que tratar de minimizar a nivel local por todos os medios. Por iso, ademais de tentar de paliar as consecuencias para pymes, empresas e autónomos e, por derivación, dos moitos traballadores e familias que deles dependen, o Concello quere poñer especial fincapé na atención aos cidadáns máis desfavorecidos. Na reunión de hoxe da comisión de seguimento da crise deuse conta do amplo protocolo de actuación neste campo, no que participan dende traballadores sociais a educadores e sicólogos, nun traballo conxunto do propio departamento de Servizos Sociais, Igualdade e o SPAD. A Área, que coordina a concelleira Tania García, está en permanente contacto coas ONGs que prestan servizos en Vilagarcía. Como novidade, esta mesma mañá chegouse a un acordo co colectivo Arousa Moza para que o seu voluntariado participe na atención domiciliaria das persoas maiores con dependencia, inmunodeprimidas ou en risco psicosocial.

AGRADECEMENTO A "AROUSA MOZA" E VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL
O Concello agradece especialmente esta mostra de solidariedade de Arousa Moza. Igualmente, dos voluntarios de Protección Civil, os traballadores de Emerxencias e os axentes da Policía Local que estes días farán un especial esforzo para estar na rúa, informando aos cidadáns e axudándoos cando sexa preciso.

Polo demais, na reunión de hoxe tamén se tratou sobre a organización dos restantes servizos, dende limpeza á electricidade ou os mercados, pasando, evidentemente, por emerxencias ou policía local. Aparte das cuestións internas de organización, quendas, medidas de autoprotección, etcétera, houbo unha conclusión unánime: a crise é moi importante e os medios limitados, de xeito que é necesario máis que nunca a colaboración social e iso tradúcese nos pequenos detalles: evitar as aglomeracións nos supermercados, manter as distancias de rigor entre persoas que se achegan á praza de abastos, facer un uso racional do servizo de limpeza, respectar as ordes de non circular en coche ou estar na rúa agás para o estritamente necesario, etcétera. O Concello insiste en que o prioritario agora é manter os servizos básicos, garantir a seguridade, conter a expansión do virus e, por riba de todo, atender a aquelas persoas e colectivos máis vulnerables: só coa solidariedade e a responsabilidade se poderá contribuír a mitigar os efectos do Covid-19, comezando por evitar o colapso do sistema sanitario.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -