_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
O Concello pecha as oficinas e só atenderá por vía telemática ou telefónica

Como consecuencia da declaración do estado de alarma no país polo Goberno central, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, ditou hoxe unha resolución pola que se restrinxe a atención ao público nas dependencias municipais, que, de feito, traballarán en servizos mínimos para evitar posibles contaxios entre o persoal municipal e os cidadáns. Deste xeito, a atención será por vía telemática, a través de sede.vilagarcia.gal, ou telefónica (Concello, 986 099 200; Policía Local, 986 50 15 82; Emerxencias, 986 51 20 20; e Servizos Sociais, 986 099 200 ext 139). Ademais, e como se anunciou onte, as persoas dependentes, inmunodeprimidas ou con risco psicosocial terán ao seu dispor a liña 24h 687 073 336.
15.03.2020. Nos principais servizos do concello haberá entre unha e dúas persoas por servizo para resolver os asuntos diarios (secretaría, intervención, rexistro, informática, obras, cemiterios, etcétera) pero a atención ao público será telefónica ou telemática. Só se atenderá presencialmente no caso de que o veciño/a careza de aqueles medios para poñerse en contacto co concello. Quedan fóra deses servizos mínimos tanto a Policía Local coma o Servizo de Emerxencias, por razóns obvias.

Para o seguimento da crise, o alcalde nomeou unha comisión da que forman parte a portavoz do goberno e concelleira de Servizos Sociais, o de Seguridade, a de Sanidade, o de Obras e Servizos, a secretaria xeral do Concello, os xefes de Policía Local, Emerxencias e Comunicación, e a coordinadora de Servizos Sociais. A primeira reunión celebrarase mañá, a partir das 10:30 horas. Hoxe mesmo, domingo, se está celebrando outra xuntanza dos Servizos Sociais para analizar como organizar a atención aos colectivos máis desfavorecidos.

A comisión de seguimento estudará mañá, entre outros temas, a colaboración coas autoridades sanitarias, a atención á cidadanía, en especial ás persoas máis vulnerables, e a suspensión ou aprazamento e fraccionamento de cobro de taxas e impostos que fose preciso levar a cabo para os sectores económicos afectados pola crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.Tamén se avaliará a necesidade de pechar as praias, áreas recreativas, etcétera, aparte das instalacións e zonas que xa están pechadas dende o venres.

Mentres dure o estado de alarma, que podería ser prorrogado se así o acorda o Congreso dos Deputados, quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais (Xunta de Goberno Local, Pleno da Corporación, Comisións Informativas, Xerencia de urbanismo, etc) a excepción, claro está, da Comisión de Seguimento do COVID-19 ou calquera outra que fose preciso celebrar.

O goberno de Alberto Varela volve a insistir na necesidade de que todos os cidadáns colaboren estreitamente coas medidas adoptadas para atallar a expansión do coronavirus.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -