_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello contrata a redacción do proxecto construtivo do albergue de peregrinos de Carril

O Concello de Vilagarcía segue dando pasos para poñer en marcha o albergue de peregrinos en Carril. A Xunta de Goberno Local acordou esta semana encargar a redacción do proxecto construtivo ao arquitecto Iago Fernández Puentes, autor do deseño da Escola Infantil de Vilaxoán, edificio recoñecido cun accésit nos Premios Juana de Vega de Intervención na Paisaxe, un dos certames de arquitectura máis prestixiosos de Galicia. O obxectivo é que a nova infraestrutura turística se converta nun referente arquitectónico para Vilagarcía, a maiores de responder con eficacia aos criterios de funcionalidade dun albergue para peregrinos.
11.03.2020.- Como xa se sabe, o albergue construirase aproveitando a estrutura levantada no seu día para ampliar a Casa de Cultura, obra que non chegou a rematarse. Por esta razón, e como paso previo á redacción do proxecto, a Xunta de Goberno Local tamén acordou o luns contratar un estudo de avaliación da estrutura. Loxicamente, o arquitecto terá que cinguirse á configuración desa estrutura xa existente para deseñar o novo edificio.

Partindo desa base, os criterios especificados polo Concello para a redacción do proxecto son que a obra se adapte ao entorno no que se emprazará, que se integre na estética do medio e que se estruture como un balcón á Ría, que permita gozar da paisaxe de Carril, Cortegada e do inicio da Ruta Marítimo Fluvial Xacobea, proporcionando un ambiente de relax e descanso para os peregrinos. Neste sentido, o edificio deberá cumprir toda a normativa específica da Xunta de Galicia para servizos de albergues de peregrinos, e atenderá a criterios de funcionalidade para cubrir as necesidades do público ao que vai dirixido. Por exemplo, crear unha zona verde de esparexemento nos terreos da mesma parcela municipal, e reservar unha zona para lavado e aparcamento de bicicletas para os peregrinos que fan o Camiño usando este medio de transporte.

Dinamizar o turismo
A construción e posta en marcha dun albergue de peregrinos en Carril coincidindo co Ano Santo Xacobeo é unha das apostas máis importantes do goberno local de Vilagarcía para o actual mandato. Con este proxecto preténdese dinamizar o sector turístico aproveitando a crecente actividade que xera a peregrinaxe polos distintos Camiños Xacobeos. O emprazamento en Carril é inmellorable debido á relación histórica desta localidade coa tradición Xacobea que, como se sabe, nace co primeiro dos Camiños, o que seguiron os restos do Apóstolo a bordo da barca que remontou o Ulla para depositar as reliquias do santo en Compostela. Carril, situado ao pe do camiño primixenio é o lugar idóneo para emprazar un albergue para os peregrinos que sigan esta ou outras rutas pola costa, ademais doutros atractivos como Parque Nacional das Illas Atlánticas representado en Cortegada, ou os numerosos atractivos e recursos cos que conta Carril en concreto e Vilagarcía no seu conxunto.

O pasado mes de febreiro, o alcalde presentou o proxecto do albergue ao conselleiro de Cultura e á directora da Axencia Galega de Turismo, que acolleron con interese a iniciativa explicando os requisitos para incluílo na Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago, así como as posibles vías de colaboración entre ambas administracións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -