_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Os veciños das rúas Cervantes e Castillejo xa gozan dos novos espazos humanizados

As obras de humanización do primeiro tramo das Rúa Cervantes e da Rúa Castillejo, en Carril, remataron polo que os veciños xa poden gozar da nova configuración da zona, cunha imaxe moderna, máis agradable e totalmente accesible. O alcalde, Alberto Varela, acompañado de membros do seu equipo, inspeccionaron o resultado final do proxecto e aproveitaron para recoller as pequenas achegas realizadas polos veciños para mellorar, aínda máis, a actuación na que o Concello investiu 224.506 euros a través do programa “Vilagarcía Avanza” financiado cos fondos europeos da EDUSI.
11003.2020.- O rexedor, acompañado da concelleira de Urbanismo, e dos concelleiros de Facenda e Turismo percorreron todo o tramo da Rúa Cervantes que se acaba de humanizar -o que vai dende a Avenida Rosalía de Castro ata o cruce da Rúa Congostra-, así como a subida da Rúa Castillejos, na que tamén se habilitou unha especie de praciña ao redor dunha rocha que se deixou ao descuberto.

Valoración positiva dos veciños

Recoñecendo as lóxicas molestias que conlevan as obras mentres se producen, os veciños consultados durante a visita coincidiron en que a actuación resulta moi positiva e que revaloriza a zona debido ao efecto dinamizador que terá para animar a vivir nela, así como a efectos turísticos, xa que a nova imaxe que presenta -moderna, agradable e accesible-, anima a pasear e a gozar das zonas de descanso e esparexemento.

A maiores, algúns veciños realizaron pequenas suxerencias como a relativa ao emprazamento dunha das luminarias, á iluminación ornamental dun parterre e a recolocación dun pequeno banco de pedra que había antes pegado a unha das casas. O goberno tomou nota de todos estes detalles para estudar a súa viabilidade.

O goberno manifestouse moi contento co resultado final da obra tanto debido á remozada imaxe que ofrece esta céntrica rúa do casco vello de Carril, insistindo tamén, en que a actuación non se limitou a un mero lavado de cara, posto que se renovaron as redes de abastecemento e saneamento e se mellorou a de recollida de pluviais para evitar os problemas de acumulación de augas e afundimentos que se producían anteriormente en zonas da rúa. Tamén se aproveitou para soterrar os tendidos eléctrico e de telecomunicacións.

As obras realizadas nas rúas Cervantes e Castillejo afectou a unha superficie de 1.724 metros cadrados. Coa actuación realizada a plataforma da vía deixouse a un so nivel, diferenciando as beirarrúas do carril de circulación co uso de pavimentos diferentes. Estas combinan lousas e adoquíns, mentres que a zona de paso de vehículos fíxose con formigón. Para mellorar a estética creáronse zonas verdes e instalouse novo mobiliario urbano, e renovouse o alumeado público con elementos máis modernos e eficientes enerxeticamente, incluída a iluminación no chan para realzar as zonas verdes.

O deseño do proxecto foi da arquitecta vilagarciá Lucía Araújo Castiñeiras e a obra executouna a empresa Montajes J.M. Iglesias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -