_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A nova adxudicataria retoma as obras da rúa Vázquez Leis

Persoal da empresa Montajes J.M. Iglesias traballa dende primeira hora desta mañá na continuación da obra de humanización da Rúa Vázquez Leis. Os traballos se retoman xusto unha semana despois de que o executivo local acordase en Xunta de Goberno contratar a outra empresa para rematar a obra que levaba varios meses paralizada debido á quebra da anterior adxudicataria, Nexia Infraestruturas. Co reinicio da actividade, o goberno local cumpre o segundo dos compromisos adquiridos cos veciños da rúa: buscar unha rápida solución á problemática. O primeiro, a anulación das taxas dos vados de 2020, xa se cumprira a semana anterior co correspondente acordo da Xunta de Goberno.
09.03.2020.- O reinicio das obras lévase a cabo incluso uns días antes do prazo previsto inicialmente, que era de 10 días dende a adopción do acordo da Xunta de Goberno. Isto foi posible dada a máxima prioridade que o executivo socialista lle está dar á resolución do problema creado por Nexia e á total disposición da nova adxudicataria para acelerar ao máximo a execución dos traballos pendentes e que supoñen apenas o 20% do total do proxecto.

As obras que quedan por facer consisten no remate do solado, a execución da xardinería e a instalación do mobiliario urbano. O custe acada os 48.175 euros, cando o proxecto total fora adxudicado en 204.616 euros. O prazo máximo do que dispón a empresa para realizar as obras é de dous meses, aínda que a previsión é que rematen nun tempo inferior dado o compromiso de axilizar ao máximo os traballos para que os veciños de Vilaxoán, e máis especialmente os de Vázquez leis, poidan gozar xa dunha rúa humanizada, accesible e cunha estética atractiva e moderna.

Como se sabe, a obra de Vázquez Leis levaba paralizada practicamente dende io verán e de forma definitiva dende o outono debido ao proceso de disolución no que se atopa a construtora Nexia e que dou pe a numerosas reclamacións por parte das súas provedoras e tamén de varios concellos cos que tiña contratadas obras que deixou sen rematar, abocando ás administracións a unha complexa situación legal que Vilagarcía resolveu contratando a outra empresa, dando prioridade ao interese xeral e para evitar maiores prexuízos aos veciños de Vilaxoán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -