_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O goberno ponse a disposición da plantilla de Coinba para evitar o peche da empresa

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela; a tenente de alcalde, Tania García e a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, recibiron esta mañá no Concello a unha delegación do plantel de Coinba e a súa representación sindical co obxecto de coñecer de primeira man a súa opinión sobre a situación que atravesa á empresa emprazada en Vilaxoán, así como para poñer ao goberno local a súa completa disposición para axudar en todo no que estea na man do Concello.
05,03.2020.- Ao igual que ás traballadores, ao goberno municipal preocúpalle a entrada en proceso concursal da Compañía Industrializadora de Bacalao e a repercusión que a medida está a ter, primeiro no que aos empregados se refire, e segundo, polo impacto negativo na economía local. O desexo do goberno local é que Coinba resolva os problemas e adopte as medidas necesarias e posibles para sacar a flote a empresa e garantir a súa permanencia e actividade en Vilaxoán, así como o mantemento do plantel actual.

En canto a futura situación urbanística prevista no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para a parcela na que se empraza actualmente Coinba, os munícipes lembraron que, tal como prevé a lei, calquera tipo de información respecto ao novo Plan é de materia reservada para todo o mundo ata o momento no que se abra o período de exposición ao público tras a aprobación inicial do documento. Este requirimento legal ten como obxectivo, precisamente, evitar a especulación a través de información privilexiada.

Ademais de poñerse a súa disposición para colaborar en todo o que se poida dende o Concello para evitar o peche da empresa, o goberno local e plantilla quedaron en manterse puntualmente informados de calquera trámite ou cambio que se vaia producindo na crise co obxecto de actuar de forma coordinada e coa maior axilidade posible.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -