_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A exposición “Múltiple. O arte do gravado de Picasso a Barceló” chega a Vilagarcía da man de Concello e ABANCA

O Concello de Vilagarcía de Arousa, ABANCA e Afundación asinaron esta mañá un convenio de colaboración cultural mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló». Á firma asistiron o alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela; o director de zona Arousa/Salnés de ABANCA, Víctor Manuel Moralejo; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela; e a concelleira de Cultura Sonia Outón.
04.03.2020.- A través dos artistas máis destacados do século XX español, esta exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado calcográfico e as súas variantes, en especial a xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan nítida xa que os artistas actuais son quen de mesturar as distintas técnicas e mesmo inventarense outras novas.

Esta mostra ofrece un percorrido fiel pola arte calcográfica española dos últimos tempos nos que esta, nas súas distintas técnicas, reivindica definitivamente o seu valor estético, metodolóxico e diferenciado do resto das manifestacións artísticas, pero igualmente interesante e atractivo. O mundo do gravado ofrece enormes posibilidades expresivas aos artistas que o dominan e eles, conscientes disto preséntannos obras coa beleza, a intensidade e a sensibilidade que aquí amosa a Colección de Arte Afundación.

A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar na Sala Antón Rivas Briones desde o 18 de marzo ata o 29 de abril, de luns a sábado en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 18.00 a 21.00 horas, e os domingos de 11.00 a 14.00 horas.

Esta colaboración forma parte do proxecto «Correntecultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -