_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O arranxo e impermeabilización da terraza do auditorio sae a licitación por 268.670 euros

O Concello de Vilagarcía acaba de sacar a licitación a obra de arranxo e impermeabilización da terraza principal do Auditorio , unha actuación que se licita por importe de 268.670 euros e que se financiará con fondos do Plan Concellos da Deputación. Con estes traballos o Concello pretende resolver os problemas de filtracións que sofren os baixos do Auditorio procedentes da terraza, así como fixar correctamente as lousas que compoñen o solado, que se levantan e moven dificultando a mobilidade das persoas. As empresas interesadas en facerse co contrato dispoñen de prazo ata o 16 de marzo para presentar as súas ofertas.
02.03.2020.- Os problemas da terraza do Auditorio son de sobra coñecidos e comezaron a evidenciarse ao pouco tempo de inaugurase o edificio, no ano 2003. Dende entón, as lousas que conforman o solado da gran terraza que da acceso á entrada principal do edificio, comezaron a soltarse ou romperse debido ao desgaste dos pivotes sobre os que van apoiados. A situación,a demais de representar unha incomodidade para as persoas que transitan a zona, tamén deron pe a constantes filtracións de auga e humidades aos baixos do Auditorio, onde se emprazan, como as dependencias do servizo de Xardíns, do Conservatorio Municipal e dos Locais de Ensaio.

Pese a que nos últimos anos se teñen efectuado pequenas obras de reparación e mantemento do enlousado da terraza, os problemas persisten, facéndose preciso levar a cabo unha actuación integral que afecte a toda a superficie e que se encargue de arranxar tanto os problemas de inestabilidade das lousas como das filtracións. A actuación plantéase baixo criterios que garantan a conservación, durabilidade e funcionalidade da obra.

A actuación que se propón na memoria consiste no levantamento de todo o enlousado da terraza, o saneamento e impermeabilización completa da superficie e a reposición do solado reforzando o sistema de ancorado das lousas de granito. Para garantir a fixacións das lousas e impedir que se movan e rompan, proponse pegar ao firme os pivotes dos extremos e engadir un no centro para aportar estabilidade e repartir o reparto de cargas. Aproveitaranse as lousas en bo estado e substituiranse as que xa estean rotas ou en mal estado.

Aproveitando esta actuación, a memoria tamén prevé mellorar a accesibilidade ao Auditorio para o cal construirase unha rampla para salvar o actual banzo que existe entre a terraza e a entrada principal ao edificio.

O prazo de execución da obra unha vez adxudicada e asinado o correspondente contrato é de catro meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -