_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
As obras de Vázquez Leis se retomarán no prazo de dez días, unha vez que o concello decidiu contratar a outra empresa

As obras da rúa de Vázquez Leis en Vilaxoán estarán rematadas no prazo máximo de dous meses, aínda que é máis que probable que precise un tempo sensiblemente inferior. Á vista dos informes técnicos, pero especialmente da dirección da obra relativo aos problemas de seguridade de continuar a actual situación de parálise, o goberno de Alberto Varela decidiu contratar directamente a outra empresa, Montajes J.M. Iglesias. A decisión adoptarase o vindeiro luns, na reunión semanal da Xunta de Goberno Local. Unha vez aprobado, só restará asinar o contrato e cumprir cos trámites inherentes, de xeito que as obras poderían retomarse na semana seguinte.
29.02.2020. O Concello tomou esta drástica decisión despois de que, tras sucesivas prórrogas, optase por rescindir o contrato coa construtora Nexia, adxudicataria inicial, que, como se sabe, está nun proceso de disolución con multitude de reclamacións por parte de subministradores e os seus propios traballadores; unha situación que deixou obras sen rematar en varios concellos, entre eles o de Vilagarcía.

Basicamente, as obras que faltan por realizar en Vázquez Leis consisten no remate do solado, a execución da xardinería e a instalación do mobiliario urbano. O custe acada os 48.175 euros, cando o proxecto total fora adxudicado en 204.616 euros. Despois de rescindir o contrato a Nexia e aberto un prazo de alegacións, a empresa nin sequera contestou. Chegados a este punto, o goberno local decidiu non esperar máis e púxose en contacto con J.M. Iglesias, a mesma firma que fixo a reforma da praza da Independencia e está rematando agora mesmo as obras da rúa Cervantes no Carril. A firma comprométese a finalizar Vázquez Leis nun prazo máximo de dous meses, aínda que se estima que se precisará un tempo sensiblemente menor.

En calquera caso, o goberno local reitera as súas desculpas aos veciños de Vilaxoán, pero especialmente os que viven na rúa Vázquez Leis e as súas anexas polos trastornos causados por unha circunstancia empresarial diante da que o Concello non puido máis que reaccionar conforme ao que permite a Lei, con todos os prazos e garantías que iso supón.

Como se sabe, a obra de Vázquez Leis está financiada nun 80% a través dos Fondos FEDER, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (Edusi) “Vilagarcía Avanza” e o resto, con fondos municipais. As obras comezaron a finais de marzo de 2019, con normalidade. Sen embargo, problemas técnicos, especialmente os relativos ás instalacións eléctricas, para o que o Nexia e o Concello dependían das obras paralelas de Fenosa, retrasaron os prazos e provocaron a primeira prórroga. Despois, o mal tempo e, sobre todo, os propios problemas internos da empresa derivaron nunha segunda prórroga e, finalmente, la paralización das obras e a posterior rescisión do contrato.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -