_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Once proxectos compiten para lograr un dos tres premios ás mellores iniciativas emprendedoras

A falla dun día para que conclúa o prazo establecido nas bases, nestes momentos hai xa rexistrados once proxectos que optan a un dos tres premios establecidos no Concurso de Iniciativas Emprendedoras que organiza a Concellería de Promoción Económica, dirixida por Alba Briones. Tendo en conta a posibilidade de inscribirse por vía telemática é posible que aínda cheguen novas propostas. Os participantes optan a recoñecementos que levan aparellados 8.000, 5.000 e 3.000, o que non deixa de ser un estímulo para o arranque dun negocio.
28.02.2020. De acordo coas bases –que se poden consultar integramente na web http://www.vilagarcia.gal - as ideas e proxectos que se formulen deberán contribuír ao desenvolvemento social e económico do Concello de Vilagarcía de Arousa e a súa área de influencia. Ademais disto, valorarase a viabilidade económica, comercial e técnica da iniciativa; o potencial de creación de emprego; a modernización dos sectores tradicionais da zona; o efecto tractor, definido como capacidade de ofertar servizos a outras empresas para que o aumento da súa competitividade; e as actividades que dean resposta a retos medioambientais e ao cambio climático.

De entre todos os proxectos presentados, o xurado seleccionará seis e estes serán os que reciban unha formación e mentorización específica de 14 horas. Unha vez conclusa esa fase, os promotores terán que defender a súa idea publicamente e será entón cando se dean a coñecer as iniciativas gañadoras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -