_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O goberno reuniráse cos traballadores de Coinba e amosa a súa inquedanza polo futuro da empresa

O goberno de Vilagarcía reunirase a vindeira semana, nunha data aínda por determinar en función das axendas das dúas partes, co comité de empresa da Compañía Industrializadora del Bacalao (Coinba) toda vez que un xulgado do Mercantil aceptou a petición da dirección de entrar en concurso de acredores. A portavoz do goberno, Tania García, xa se puxo en contacto cos representantes dos traballadores, aos que lles transmitiu non só a solidariedade do equipo de Alberto Varela senón tamén a súa preocupación polo futuro dunha empresa que representa o último establecemento industrial de Vilaxoán, ademais de ser unha das firmas de procesado de bacallau máis antigas de España.
26.02.2020. Precisamente por iso, goberno local e comité de empresa quedaron en reunirse na vindeira semana, cando probablemente xa se terán máis detalles das intencións dos propietarios da fábrica e tamén sobre como vai articular o xulgado a súa intervención mentres dure o concurso de acredores. En calquera caso, o comité de empresa, como a empresa mesma, xa sabe que o goberno local fará todo o que estea na súa man para que continúe a actividade dunha firma tan ligada á traxectoria non só industrial senón social e económica de Vilaxoán, pois ten a súa orixe nunha antiga salgadoira de peixe.

O goberno local quere evitar que se produza outra situación coma o da conserveira Pita e a súa marca Cuca, ou antes Conservas Peña, que tamén terminaron por deixar Vilaxoán. Aínda que o número de traballadores afectados é moito menor (en Coinba traballan arredor de 20 persoas), o goberno local quere transmitirlles que contan co seu apoio, non só porque cada posto conta e cada un ten unha familia detrás, senón polo valor simbólico que ten Coinba para Vilaxoán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -