_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Máis de 25 disfraces participan mañá no desfile de Entroido que rematará en Ravella. Consulta os avisos de tráfico

O desfile de disfraces e carrozas do Entroido que se celebra mañá en Vilagarcía volverá a ser multitudinario, tanto pola cantidade de xente que enche as rúas da cidade ara velo, como polo elevado número de disfraces. A día de hoxe xa había inscritos 23 Participantes, número que aínda pode verse incrementado, dado que o prazo péchase mañá a mediodía. A Concellería de Cultura repartirá 6.300 euros entre os premios das distintas categorías a concurso, incluída a de choqueiros. O desfile comezará ás 17 horas na rúa Alexandre Bóveda e percorrerá o centro da cidade, que permanecerá pechado ao tráfico ata o pase da comitiva carnavalesca, para rematar en Ravella.
24.02.2020.- De entre as inscricións tramitadas a falta de 24 horas do peche do prazo, a categoría que contaba co maior número de participantes é a de agrupacións, con 17 disfraces. Os grupos son os que máis colorido e animación dan ao desfile posto que a maiores de ser moitas persoas, a maioría engade carrozas, vehículos e outros aparellos aos seus disfraces. O desfile tamén contará cunha comparsa para amizar o percorrido.

O percorrido do desfile iniciarase na Rúa Alexandre Bóveda e continuará por Alexandre Bóveda, Arcebispo Lago, Praza de Galicia, Conde Vallellano, Avenida da Mariña, Colón, Praza Constitución e Juan Carlos In para rematar na Praza de Ravella. Tamén será necesario facer uso da Praza Doutor Carús para organizar a saída das carrozas e dos disfraces, así como das rúas Gumersindo Nartallo e Duque de Rivas, para organizar a disolución do mesmo ao remate do itinerario. En todas as rúas mencionadas deberán quedar libres as zonas de aparcamento cara o mediodía de mañá, e os peches de tráfico realizaranse de xeito progresivo dende uns minutos antes da saída do desfile, para irse abrindo, tamén de xeito progresivo e na medida do posible, unha vez teña pasado.

A Policía Local advirte, así mesmo que, unha vez rematado o desfile, se procurará que os grupos que non leven carrozas e os peóns en xeral, se incorporen ás rúas de preferencia peonil por Ramón e Cajal, para o cal se contará coa colaboración do Servizo de Emerxencias. En cato ás carrozas, sairán cara a Praza da Independencia co tráfico aberto e, en función das necesidades ou do volume dos vehículos participantes, prevese a posibilidade de dar saída por Juan Carlos I a algunhas por Juan Carlos I co obxectivo de axilizar a disolución da comitiva.

Fin de festa con baile na Peixería

Como é tradición, unha vez rematado o desfile, ao redor das 20.30 horas dará comezo na Praza da Peixería un baile, amenizado pola Duendeneta. No transcurso da festa darase a coñecer os nomes dos disfraces premiados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -