_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As escolas escolas infantís de competencia autonómica cústanlle ao Concello de Vilagarcía 200.000 euros anuais

O goberno local de Vilagarcía rebate con datos as declaración realizadas pola deputada do PP Marta Rodríguez Arias no que respecta a xestión municipal e aos supostos investimentos que di ter realizado a Xunta de Galicia en Vilagarcía. O equipo que preside Alberto Varela, insta á deputada a enumerar eses "grandes investimentos que ninguén veu" e lémbralle que as dúas as escolas infantís de competencia autonómica que a Xunta xestiona en Vilagarcía cústanlle anualmente ao Concello 200.000 euros "que saen dos petos dos vilagarciáns, cando debería ser a administración autonómica quen os pagase".
22.02.2020.- No caso concreto das escolas infantís de Carril e Vilaxoán, lembran que o Concello tivo que asinar sendos convenios de colaboración e aportar fondos anualmente para que as familias de Vilagarcía poidan dispor dese servizo básico e esencial. Convenios que obrigan a Ravella a aportar 900 euros ao ano por cada crianza matriculada nos centros, así como a asumir os custes de mantemento das instalacións. Segundo recollen os orzamentos municipais de 2020 que se acaban de aprobar, a achega total que ten que facer o Concello ascende a 200.400 euros nun só exercicio, dos que 73.800 e 66.600 se corresponden ao financiamento das prazas de Carril e Vilaxoán respectivamente, máis outros 30.000 euros para o mantemento de cada un dos centros. E isto sen contar con que o Concello tivo que financiar a construción da escola infantil de Vilaxoán, cun custe superior ao medio millón de euros que, de ter asumido a Xunta a súa responsabilidade, podería terse aforrado e investir en outras necesidades que ten a cidade é que son de competencia propiamente municipal.

O abandono dos centros educativos e da sanidade

O goberno local volve a denunciar que o das escolas infantís non é un caso illado, e lembra que o Concello tamén tivo que financiar parte das obras do ximnasio do colexio de Rubiáns, do cambio da cuberta do de Carril, do comedor escolar do Piñeiriño e agora o da cobertura do patio da unitaria de Aralde; actuacións todas de competencia exclusiva autonómica, que a Consellería se negou a asumir e nas que o Concello tivo que implicarse en defensa das respectivas comunidades educativas.

O executivo socialista non cre que Marta Rodríguez estea desinformada sobre o esforzo económico que o Concello de Vilagarcía ten que facer para "tapar os buratos que deixa o PP da Xunta por negarse a asumir as súas responsabilidades". "Como tamén sabe, porque preside a Comisión de sanidade do Parlamento, da urxente necesidade que Vilagarcía ten de contar cun novo centro de saúde que a cidadanía e os profesionais demandan dende hai máis de unha década e da falta de profesionais que padece este centro".

Preguntan polo investimento en saneamento

Dende Ravella preguntan que fixo Rodríguez Arias por Vilagarcía nos anos que leva como deputada do goberno do PP na Xunta, e responden cun "nada". Fronte a eses "grandes investimentos" que a popular di -"pero non enumera"- que a Xunta fixo en Vilagarcía, o goberno local lembra os 8 millóns de euros en obras de saneamento que prometeron en dúas ocasións coincidindo con eleccións e das que aínda non se eu un peso, pregunta si algún día van a arranxar o estado no que deixaron a avenida Rosalía de Castro tras o asfaltado expres realizado durante o mandato de Tomás Fole, en cuxo equipo estaba Marta Rodríguez, e canto máis terán que esperar os veciños de Bamio polas beirarrúas "que a Xunta lle quixo endosar ao Concello".

O executivo municipal di que a "cortina de fume" coa que a Marta Rodríguez tratou de agochar o trato discriminatorio que Vilagarcía sufre dende hai anos por parte do goberno do PP na Xunta, "disípase con coa contundencia destes datos". Discriminación recoñecida polo ata hai ben pouco voceiro do grupo municipal do PP e presidente do partido, Alfonso Gallego, cando para defender "o moito que a Xunta do PP fixo en Vilagarcía" tivo que remontarse á época de Xosé Cuiña. "E xa choveu dende entón".

Nerviosismo electoral

Os socialistas consideran que a reaparición de Rodríguez Arias a falta de dous meses das eleccións "e tras case catro anos sen saberse que facía no Parlamento", débese ao nerviosismo do PP ante os resultados dos comicios do 5 de abril, "resultados que non van poder evitar mentindo e negando realidades como a que padecemos en Vilagarcía". O goberno local censura que a que fora concelleira de Vilagarcía se preste a facerlle o xogo sucio ao su partido, "saíndo á palestra con mentiras e atentando abertamente contra os intereses da súa propia cidade e dos seus veciños, en lugar de para conseguir os investimentos que o PP lle ten negado durante moitos anos, mentres ela deixaba facer e agochaba a cabeza dende o seu escano parlamentario as innumerables veces que Julio Torrado subiu ao estrado para denunciar esa inxustiza e para demandar eses investimentos".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -