_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía entrégase ao Entroido cunha semana de actos en Vilagarcía, Carril e Vilaxoán

Vilagarcía xa está preparada para recibir a Don Carnal e celebrar o seu regreso á cidade cunha semana chea de actos e de diversión. A programación de Entroido estenderase por Vilagarcía, Carril e Vilaxoán dende mañá sábado 22 de febreiro ata o vindeiro Domingo de Piñata. Certames de comparsas, desfile de disfraces, festas infantís, obradoiros e bailes compoñen o menú da celebración máis aloucada e colorida do ano. A Concellería de Cultura programa e organiza os eventos a desenvolver en Vilagarcía e colabora na organización dos de Vilaxoán e Carril.
21.02.2020.- En Vilagarcía as celebracións comezan mañá sábado cos obradoiros infantís que terán lugar na Praza da Peixería entre as 17.30 e as 20.30 horas. Nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán participar nos talleres de elaboración de antifaces, máscaras, adornos de entroido e pintacaras acompañados don adulto responsable. As actividades son gratuítas.

O domingo o Auditorio acolle a partir das 17.o0 horas o Certame de Comparsas de Entroido que este ano volve a ter carácter competitivo e n o que se entregarán catro premios de 1.200, 900, 600, 300 euros respectivamente. Este ano participan as comparsas Leña Verde, As +Plus A Tropa de Moncha a Caralla e Jana de Leria, todas de O Grove, e Os de Noalla, de Sanxenxo.
O Luns será o Entroido Infantil, cunha gran festa na Praza da Peixería a partir das 17.30 horas. Haberá animación e sesión DJ con música infantil e pop rock de todos os tempos, unha actuación en directo de Dani&Kids e posterior sesión de karaoke e coreografías dirixidas polo propio Dani Barreiro.
O martes de Entroido, as trúas do municipio encheranse de cor, diversión, picaresca e moito enxeño e humor co desfile de disfraces e carrozas que partirá ás 17 horas da rúa Alexandre Bóveda para percorrer o centro da cidade. Como xa se fixo na Festa das Uvas e na Cabalgata de Reis, o Concello habilitará unha plataforma na praza de Galicia para que persoas con mobilidade reducida que teñan que facer uso de cadeira de rodas poidan gozar do espectáculo visualizando comodamente o desfile de disfraces.

O Entroido en Carril tamén comeza mañá cunha festa infantil no Gato Negro a partir das 18.00 horas. O sábado seguinte, 29 de febreiro, os locais da sociedade serán escenario do Baile de Piñata amenizado pola Duendeneta, e o domingo 1 de marzo, a partir das 18.00 horas, os carrilexos despedirán a Don Carnal con enterro da sardiña.

Vilaxoán tamén terá os seus propios actos de entroido. Comezarán o venres, 28 de febreiro, co festival de comparsas no centro sociocultural do Preguntoiro a partir das 20.30 horas. O sábado 29 será o día no que os vilaxoaneses celebren o seu tradicional enterro da sardiña, cun velorio ás 18.00 horas e a procesión que, saíndo dende a lonxa. percorrerá as rúas do pobo a partir das 19.00 horas con toda a comitiva fúnebre acompañando á finada. A celebración rematará no Centro socio cultural cun baile. E os cativos de Vilaxoán serán os que despidan a Don Carnal o domingo, 1 de marzo, co Entroidiño que terá lugar a partir das 17.30 horas no centro socio cultural.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -