_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Labora Xove 20 amplía en contidos e duración a proposta formativa para os módulos de Socorrismo e Mantemento de xardíns

A Área de Emprego da Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía ten a intención de potenciar o obradoiro Labora Xove, destinado a mozos e mozas desempregados, co obxectivo de implementar a formación que se ofrece a través desta acción e elevar as posibilidades de empregabilidade dos participantes. Para isto, o novo proxecto elaborado pola área que dirixe Alba Briones para desenvolver este ano plantea un obradoiro de 12 meses de duración (o dobre que a edición de 2019) así como dar máis contidos aos dous módulos propostos: o de Socorrismo Acuático e o de Instalación e Mantemento de xardíns e zonas verdes.
20.02.2020.- As especialidades recollidas no proxecto presentan unha elevada demanda no mercado laboral, especialmente a de socorrismo acuático, razón pola que o Concello continúa apostando por ela e ampliando os contidos da formación. De feito este a no, engádese a formación relativa a goberno de embarcacións de salvamento. No módulo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, a formación deste ano inclúe tamén a formación en aproveitamentos forestais.

O Concello xa presentou o proxecto á convocatoria realizada pola Consellería de Economía, Emprego, a través da que solicita unha subvención de 369.491 euros, aos que o Concello sumaría 25.000 máis de fondos propios, para completar o custe do obradoiro mediante o cal que se formarían 16 mozos e mozas (8 por módulo).

Segundo recollen as bases que rexen este tipo de iniciativas de fomento do emprego, o obradoiro terá unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, e a súa finalidade será a obtención por parte dos alumnos dos correspondentes certificados de profesionalidade. Durante esta etapa os alumnos e alumnas percibirán as retribucións salariais que lle correspondan de conformidade co previsto na normativa aplicable e nesta orde.
Na fase de aprendizaxe, o alumnado de ámbalas dúas especialidades realizará traballos ou servizos de interese social ou comunitario para o Concello. No caso da especialidade de Socorrismo, realizarán asistencia operativa ao Servizos Municipal de Emerxencias e á Fundación Municipal de Deportes nas actividades de socorrismo nos espazos naturais e nas instalacións acuáticas de titularidade municipal con utilización de embarcacións específicas para o salvamento.

O alumnado da especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e aproveitamento forestal realizará tarefas de conservación e mantemento de xardíns e espazos públicos naturais con aproveitamento forestal zonas forestais municipais

O obradoiro Labora Xove está dirixido a mozos e mozas de dezaoito ou máis anos inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -