_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Plan Revitaliza informa na Praza de Galicia sobre a compostaxe individual e comunitaria

Seguir fomentando a práctica da compostaxe como boa práctica para unha xestión dos residuos urbanos máis respectuosa co medio ambiente é o obxectivo principal da campaña que a Deputación de Pontevedra trae o martes 18 a Vilagarcía no marco do programa Revitaliza, no que colabora o Concello a través da Concellería de Medio Ambiente. A Praza de Galicia será o punto no que se instalará a carpa informativa coa que se tratará de que máis persoas se sumen á compostaxe, tanto na modalidade individual como comunitaria.
17.02.2020.- Dúas mestras composteiras serán as encargadas de informar ás persoas que pasen pola carpa entre as 10 a as 13 horas sobre os beneficios medioambientais da compostaxe, procedemento natural consistente na utilización dos residuos orgánicos que se xeran nas casas para a súa conversión no abono natural denominado compost. O proceso, baseado na descomposición e fermentación dos restos, é totalmente inocuo e moi sinxelo.

O Concello de Vilagarcía leva anos promovendo a compostaxe individual a través de diversas campañas de reparto gratuíto de composteiros para utilizar en vivendas unifamiliares ou que teñan pequenas hortas. E dende fai uns anos e a través do Plan Revitaliza da Deputación, tamén poden compostar os veciños de zonas urbanas, en concreto no barrio do Piñeiriño, a través dos dous puntos de compostaxe comunitarios instalados na zona. Boa parte dos colexios do municipio tamén practican a compostaxe.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -