_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O goberno renova os convenios pola xestión dos 21 centros socio culturais do municipio

O Concello de Vilagarcía vén de renovar todos os convenios coas asociacións e colectivos que xestionan as casas de cultura e centros veciñais do municipio. O executivo local acordou na Xunta de Goberno desta semana prorrogar os convenios de colaboración subscritos coas 18 asociacións que se encargan da xestión dos centros socioculturais de titularidade municipal, así como cos 3 privados que tamén desenvolven unha importante actividade cultural para a veciñanza: Gato Negro, A Laxe e e Solobeira-O Sixto.
14.02.2020.- A medida adóptase a principios de ano, unha vez aprobados os orzamentos de 2020, co obxectivo de que as entidades dispoñan de tempo suficiente para elaborar as súas programacións e planificar os demais gastos do ano que pretenden financiar a través destas axudas municipais.

A renovación automática dos convenios está recollida no Regulamento de uso e funcionamento das instalacións culturais municipais que entrou en vigor en setembro de 2017. A norma prevé a sinatura destes convenios a través dos cales, unha asociación da parroquia se encarga da dirección do centro sociocultural municipal, a cambio do cal o Concello lles concede unha axuda de 1.800 euros para financiar os gastos de mantemento e funcionamento das instalacións.

Os colectivos serán os encargados de abrir e pechar o centro, comprobar o correcto funcionamento das instalacións, velar pola conservación das mesmas e do material existente, encargarse da limpeza e vixilancia e dar parte ao Concello de calquera dano, deficiencia, deterioro ou mal estado do material, utensilios ou instalacións.

Outros compromisos que asumen os colectivos xestores son garantir a apertura do centro nun horario mínimo de 3 horas, e sempre polo tempo necesario para a realización das actividades programadas. Se o centro contase con biblioteca, esta deberá permanecer aberta e baixo o control dun adulto nun horario que se pactará en cada caso no convenio de colaboración.

Aparte da achega dos 1.800 euros para financiar os gastos vinculados a actividades culturais e de ocio, cursos de formación, equipamento, mobiliario e labores de limpeza desenroladas na Casa de Cultura, as obrigas do Concello en base a este convenio son reparar os desperfectos e deterioros que polo paso do tempo e como consecuencia dun uso normal se produciran nas instalacións, materiais ou enseres do centro. En canto á xustificación dos gastos, as entidades xestoras deberán presentar un listado dos mesmos no primeiro semestre de cada ano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -