_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Vilagarcía celebra o San Valentín máis universal e diverso coa Duendeteca, concurso de fotografía e sorteo de premios

Vilagarcía vivirá este ano 2020 o san Valentín máis universal e diverso co obxectivo de que o Día dos Namorados dea visibilidade e recolla todas as posibilidades existentes de amor que se dan na sociedade actual. Para normalizar todo tipo de relacións afectivas, o Concello, a través do Punto Municipal de Información LGTIBQ+, xunto con Zona Aberta e o IES Castro Alobre organizaron un programa de actividades para conmemorar o 14 de febreiro que inclúe un concurso de fotografía, unha festa na Praza de Galicia amenizada pola Duendeteca, e o sorteo de dúas noites de hotel e SPA para dúas persoas entre os clientes dos establecementos da asociación de comerciantes.
13.02.2020.- Os actos comezan co concurso de fotografía que organiza o grupo de diversidade afectivo sexual LGTIBQ+ do IES castro Alobre co obxectivo educativo de contribuír a visibilizar e normalizar calquera tipo de relación amorosa, tanto de parella como filial, paternofilial ou simplemente de amizade. Poderá concursar o alumnado do centro e as mellores fotos recibirán premios consistentes en vales compra en establecementos de Zona Aberta. Todos os traballos presentados a concurso formarán parte dunha exposición que se instalará no recibidor do instituto.

O día dos Namorados, o venres 14 de febreiro, baixo o título de “Amamos a diversidade” a Praza de Galicia acollerá unha gran festa de San Valentín. Será a partir das 20.00 horas e estará amenizada pola música da Duenteteca, ao fronte da cal estará unha muller DJ que pinchará un bo número de temas composto por mulleres, coa intención de reivindicar o espazo das creadoras femininas no mundo da música e da cultura.
No transcurso da festa, ao redor das 21.00 horas, Zona Aberta sorteará dúas noites de hotel e SPA para dúas persoas entre as papeletas cubertas polos clientes dos establecementos asociados por compras realizadas nas últimas semanas. Tamén se distribuirán papeletas na mesma festa. O sorteo serás ás 21.00 horas.

Ademais, coincidindo con este San Valentín Diverso, o Punto Municipal de Información LGTBIQ+ levará a cabo unha campaña de vocabulario básico en relación á diversidade e ás distintas orientacións sexuais existentes. Trátase de informar para un correcto uso da linguaxe e que non se utilicen termos ofensivos por descoñecemento do vocabulario axeitado. Esta campaña se desenvolve en colaboración con Zona Aberta en cuxos establecementos se repartiron folletos informativos que están a disposición dos seus clientes.

En caso de choiva, a festa trasladarase á Praza da Peixería.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -