_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A música regresa este domingo ao Salón García cunha Marem Ladson que abre o ciclo “Achégate ao Salón”

O ciclo de concertos matutinos “Achégate ao Salón” organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía arranca este domingo, 16 de febreiro co actuación de Marem Ladson. A xoven compositora hispano estadounidense amosará ao público que acuda ao Salón García a súa particular e persoal forma de enfocar a música bebendo das fontes do pop e do folk. O concerto comeza ás 12.30 horas e aínda quedan entradas.
12.02.2020.- Marem Ladson naceu en Ourense onde comeza a tocar a guitarra aos nove anos, compoñendo a súa primeira canción en sexto de Primaria. Pronto sente unha gran admiración por Bob Dylan, sendo o primeiro artista que lle marcou. Marem desenvolve aos poucos un conxunto de cancións que beben do folk e do pop, de artistas como Laura Marling, Fiona Apple, Regina Spektor ou Alondra Bentley.

A cantautora hispano-estadounidense brilla cun único single, “All My Storms” (Mont Ventoux, 2017), que deseguido a pon en primeira plana. Dá os seus primeiros pasos no Café & Pop Torgal ourensán, saltando a escenarios como os do Monkey Week, Vida ou Dcode, onde ese 2017 gana o concurso de bandas emerxentes con tan só 19 anos. Tamén actúa como teloneira de Dirty Ray (Immaculate Fools), Laura Gibson e Alondra Bentley.

De balde para os desempregados

Aínda quedan entradas para asistir ao concerto de Marem Ladson deste domingo. O prezo para adultos é de 12 euros e os menores de 16 anos so terán que abonar 5 euros. Os desempregados poderán obter entrada de balde sempre que acrediten a súa condición de beneficiario coa tarxeta de desempregado. As entradas pódense adquirir de forma anticipada (máis custes de xestión) a través da web http://www.ataquilla.com e do teléfono 902 504 500. De non esgotarse antes, tamén se poderán mercar no propio Salón García a partir das 10.30 horas do domingo.

O ciclo musical “Achégate ao Salón” componse este ano de tres concertos. Ademais de Marem Ladson, haberá actuacións de Nacho Vegas, o 22 de marzo, e de Baiuca o 26 de abril. A Concellería de Cultura tamén oferta a venta de abonos para asistir a todos os concertos. Aínda hai abonos dispoñibles ao prezo de 25 euros en ataquilla.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -