_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello volve a solicitar á Xunta a contratación de 12 socorristas para atender as praias durante o verán

O Concello de Vilagarcía está planificando a vindeira tempada de praia coa antelación necesaria para que todos os servizos estean a punto e en marcha a principios do verán. Por esa razón, a Xunta de Goberno Local acordou na reunión celebrada onte solicitar á Xunta de Galicia a contratación de 12 socorristas, ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego e Mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais 2020.
11.02.2020.- O número de contratos solicitados é similar aos dos últimos anos, nos que a Xunta sempre acabou concedendo menos persoal e con contratos de menor duración, polo que o Concello tivo que asumir os custes correspondentes para garantir a cobertura do servizo de vixilancia e socorrismo nos tres areais do municipio: os dous de bandeira azul (O Campanario e Preguntoiro), onde é obrigatorio, e o da Concha-Compostela, o máis extenso e concorrido do municipio.

Segundo a proposta remitida á Consellería de Economía, Emprego e Industria, a intención do goberno é contratar aos 12 socorristas a xornada completa e polo período de 3 meses, o máximo que permite a orde que regula as subvencións. Para isto solicítase unha subvención de 54.000 euros aos que o Concello deberá achegar 4.133 euros máis.

O Concello deberá esperar a que a Consellería resolva a convocatoria para coñecer cántos contratos se financian este ano. En 2018 tamén se solicitaran 12 socorristas e a Xunta só concedeu 10, cifra que aínda rebaixaron máis en 2019, cando se concederon 8 contratacións e só por 2 meses, en lugar de polos 3 solicitados. Esta situación provocou que o Concello tivese que ampliar a súa achega ao plan, asumindo o custe de ampliación da duración deses 8 contratos ata os 3 meses e, a maiores, contratar directamente a outros 4 socorristas, a xornada completa por 3 meses, para completar o plantel necesario para dar cobertura as praias locais.

Unha vez se coñeza a resolución da Xunta, o Concello remitirá a oferta ao Servizo Público de Emprego para que seleccione aos candidatos a realizar as probas de selección entre os candidatos anotados como demandantes de emprego nas listas oficiais e que cumpran o requisito de contar con título homologado de socorrista acuático.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -