_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello flexibiliza os prazos e simplifica o trámite para o aprazamento e fraccionamento de débedas tributarias

As bases de execución do Orzamento do Concello de Vilagarcía para o ano 2020, aprobado onte polo Pleno, inclúen como novidade a simplificación do trámite de solicitude de aprazamento ou fraccionamento do pago de obrigas tributarias pendentes, así como a ampliación dos prazos nos que os contribuíntes poderán dividir o abono das débedas contraídas coa administración local. Estes cambios pretenden beneficiar aos cidadáns tanto á hora de afrontar os seus pagos ao Concello como á de realizar o trámite, e supoñen un paso previo á próxima implantación do novo programa de xestión tributaria e recadación adquirido o ano pasado para adaptar a administración ao século XXI e facilitar as relacións dos contribuíntes coa administración.
08.02.2020.- A primeira das avantaxas das que o cidadán poderá beneficiarse tan pronto como entren en vigor os orzamentos será a da simplificación do trámite de solicitude tanto do aprazamento como do fraccionamento de débeda. A partir deste ano bastará cursar a solicitude debidamente cumprimentada xunta cunha copia do DNI e certificado de titularidade da conta bancaria na que se cargarán os pagos. Este cambio acaba co farragoso procedemento que tiña que facer ata o de agora o interesado, ao que se le esixía numerosa documentación que requiría facer trámites noutros entidades: extracto bancario co saldo medio do último trimestre, balance de contas e perdas en caso de tratarse dunha persoa xurídica, declaración xurada, copia do DNI, da certificación de conta bancaria e da declaración da renda e calquera outra información económica-financeira e patrimonial que se considerase de transcendencia.

Outro dos cambio introducidos polo goberno é a inclusión dun tramo más no montante de débeda co obxectivo de ampliar os prazos de abono e dar máis facilidades ao contribuínte. Deste xeito a cantidade adebedaba poderá dividirse, en función do seu montante en 6, 12, 18, 24, 30 ou 36 mensualidades. Ademais, de xeito excepcional poderán ampliarse estes prazos atendendo a causas debidamente motivadas de razón social, asistencial ou situacións de precariedade económica ou laboral.

Tamén para dar maior facilidade de pago, non se aplicarán xuros de demora cando o fraccionamento ou aprazamento de débeda se solicite dentro do período voluntario de pago e o abono total da suma se execute dentro do mesmo exercicio.Tampouco se esixirá ningún tipo de garantía para débedas inferiores aos 18.000 euros.

Ademais, a partir de agora tamén se ofrece a posibilidade de aprazar ou fraccionar o pago de multas e sancións, algo que antes non estaba recollido.

Diferente ao plan de pagos á carta

Estas facilidades no aprazamento e fraccionamento de débeda poderanse solicitar unha vez que entren en vigor os Orzamentos de 2020 e son diferentes ao "plan de pagos á carta" que o Concello de Vilagarcía porá en marcha cando entre en funcionamento a nova aplicación de xestión tributaria e recadación. A través deste pago "á carta" os contribuíntes poderán distribuír previamente o montante total dos impostos que abonan ao Concello de Vilagarcía ao cabo do ano, decidindo cada cidadán en qué meses prefire que se lle pasen a conta e en qué suma, dentro dese mesmo exercicio. Deste xeito poden acomodar os pagos a súa situación económica particular, facendo que non lle coincidan con outros gastos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -