_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Jorge Javier Vázquez chega a Vilagarcia en abril co espectáculo “Desmontando a Séneca”

O célebre presentador de televisión, Javier Vázquez, visitará Vilagarcía en abril co firme obxectivo de botar por terra, ou mesmo validar, as reflexións que hai máis de dous mil anos fixo un dos pais da filosofía clásica, Séneca, na súa obra “Da brevidade da vida”. O mediático comunicador estará o venres, 24 de abril, ás 21.00 horas no Auditorio Municipal para presentar “Desmontando a Séneca”, un monólogo teatral apoiado na música e nos audiovisuais, no que Jorge Javier fará pensar e, sobre todo, rir ao público, coas súas interpretacións, persoais e actualizadas, do pensamento estoico do que fora senador do Imperio Romano. A venta anticipada de entradas ábrese o martes, 11 de febreiro, en ataquilla.com e no teléfono 902 504 500, ao prezo de 18 euros (máis gastos de xestión).
08.02.2020.- Argumento:
Jorge Javier Vázquez quere dar un discurso. Pero non un discurso calquera, non, para nada. Un discurso sobre o libro “De la brevedad de la vida”, de Lucio Anneo Séneca, o gran filósofo cordobés. A razón: Cansado de que todo o mundo considere frívola a súa labor en televisión, e despois de sufrir un ictus, cre que chegou o momento de poñerse serio e compartir co público algunhas das cuestións fundamentais que nos preocupan a todos: que é a vida?; que facemos para aproveitala?; malgastamos o noso ben máis prezado, o tempo?

Con todo, e a pesar dos constantes esforzos de Jorge Javier porque a súa parola vaia por uns camiños rigorosos e profesionais, unha sucesión de catastróficas desdichas, que el deberá aguantar con ese estoicismo que Séneca predica e que el quere adoptar, farán que o seu discurso se vaia convertendo nunha auténtica romaría. E é que, xa que a vida é tan breve, non debemos tentar que polo menos sexa o máis divertida posible?

“Desmontando a Séneca” é unha comedia onde se combina a personalidade dun dos comunicadores máis queridos do país cos valiosos ensinos morais de Lucio Anneo Séneca, todo a ritmo de proxeccións, música, filosofía e moito humor. Unha mestura explosiva e sorprendente que, a recado, non deixará a ninguén indiferente.

Jorge Javier Vázquez é o único intérprete deste monólogo escrito e dirixido por Juan Carlos Rubio, co que o célebre comunicador está percorrendo os escenarios de España nesta nova faceta profesional que compatibiliza co seu traballo como presentador de programas de televisión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -