_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Comeza a campaña especial de eliminación de verdín e limpeza de bancos

A Concellería de Medio Ambiente, a través do servizo de Xardíns e en colaboración con Cespa, comezou estes días a campaña especial para combater e eliminar o verdín que medra nas superficies húmidas e sombrías de beirarrúas e zonas peonís do municipio. Ademais de mellorar o aspecto dos solos ennegrecidos pola humidade, os traballos tamén inciden na seguridade dos peóns, posto que eliminan o risco de esvarar nelas como consecuencia do verdín. A campaña compleméntase coas labores de limpeza dos bancos de pedra de parques e zonas peonís.
07.02.2020.- Tras a intensas chuvias do outono e do que vai de inverno, o departamento que dirixe Diego García vén de poñer en marcha os traballos de posta a punto de rúas e mobiliario urbano para eliminar deles as consecuencias de tanta humidade: ennegrecemento pola aparición de piolla, crecemento de verdín e musgo. Para eliminalos, e como xa se ven facendo dende hai uns anos, nas tarefas de limpeza utilizarase un produto ecolóxico que, ademais de eliminar o verdín e a piolla, retrasa a súa aparición.

No que ás beirarrúas e chans de zonas peonís se refire, o traballo o levará a cabo o persoal da concesionaria de limpeza de vías, Cespa, utilizando as súas máquinas fregadoras á cuxa auga se incorpora o produto específico de limpeza de verdín. Neste caso, as labores realizaranse pola noite e comezarán polas rúas Rey Daviña, Castor Sánchez e A Baldosa, para continuar posteriormente por outras vías do municipio.

Os operarios de Xardíns encargaranse da limpeza dos bancos de pedra e doutros elementos dos parques públicos. Hai uns días acometeron a limpeza das escaleiras dos Xardíns Doutor Fleming, que tiñan acumulado bastante verdín debido á zona sombría na que se atopan é ás copiosas choivas, e tamén se limparon os bancos dese parque, así como dos de Ravella e a zona peonil da súa contorna. Para a limpeza dos bancos estase a utilizar máquinas cartcher con auga a presión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -