_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Concello propicia o diálogo social para optimizar as iniciativas dinamizadoras da economía e o emprego

O consistorio de Vilagarcía acolleu esta mañá a primeira reunión de traballo da Mesa de Diálogo Social, iniciativa que se enmarca na rolda de encontros que a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Alba Briones, está celebrando cos diferentes axentes económicos e sociais do municipio co obxectivo de facelos partícipes e implicalos nas accións que vai a poñer en marcha o Concello para dinamizar a economía local e fomentar a creación de emprego no municipio.
06.02.2020.- Na reunión desta mañá participaron, ademais da concelleira e técnicos do Concello, representantes de FECA, Zona Aberta, Comisiones Obreiras e UGT, escusando a súa ausencia por diferentes motivos os de Ahituvi, CIG e Fundación Inserta da ONCE, que tamén estaban convocados.

Neste primeiro encontro, que terá continuidade trimestralmente, Briones Gamarra, dou a coñecer as principais iniciativas que vai a poñer en marcha a través da súa Concellería co obxecto de que coñecer a súa opinión e darlles a oportunidade de realizar propostas, tanto referidas as accións municipais, como de carácter propio. Trátase de aproveitar sinerxias, colaborar e optimizar ao máximo calquera iniciativa que poida ter como resultado a creación de riqueza e emprego na cidade, partindo do escaso marxe de manobra que ten a administración local neste ámbito, no que as competencias recaen nas administracións superiores.

Os Premios á Iniciativas Emprendedoras que acaba de convocar o Concello para fomentar a posta en marcha de ideas innovadoras e convertelas en negocio; os proxectos de obradoiros de emprego que se van a propoñer á Xunta de Galicia, o mapa educativo e de inserción laboral que se vai elaborar en colaboración cos centros de Secundaria e coas empresas locais, e o evento de emprendemento e emprego no que se está a traballar foron algúns dos temas tratados e que o goberno local quere facer partícipes a estes sectores.

Tamén se tratou de coñecer a opinión de todos os presentes para ter un coñecemento e análise máis profundo do momento no que se atopa a economía local en base á perspectiva de cada sector, coa finalidade de que as accións a programar e desenvolver respondan en maior medida á situación real e, consecuentemente, teñan os efectos desexados. Neste punto, coincidiuse na necesidade de contar en Vilagarcía cunha oficina ou punto permanente de información e asesoramento a emprendedores, idea que xa se planteaxaba dende a Concellería.

Alba Briones, como xa o fixera anteriormente, na reunión coas empresas tractoras, ofreceuse a actuar dende o Concello como canle transmisor das demandas e necesidades destes colectivos ante as administracións competentes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -