_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura abre a inscrición no desfile de disfraces e carrozas no que se repartirán 6.300 euros en premios

O Entroido está á volta da esquina polo que a Concellería de Cultura abre mañá, 6 de febreiro o prazo de inscrición no desfile de disfraces e carrozas que se celebrará o día 25 deste mes, Martes de Entroido. A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana as basea que rexerán o concurso, así como a dotacións dos premios, entre os que este ano se repartirán 6.300 euros. Os interesados en participar poderán facelo de forma individual, en parella ou en grupos, tanto na categoría infantil, como na de adultos, e tamén no apartado especial de choqueiros, creado a pasada edición coa finalidade de recuperar e potenciar esta tradicional figura do entroido galego.
05.02.2020.- As inscricións deberán realizarse nas dependencias da Concellería de Cultura, sitas no Auditorio Municipal, de luns a venres en horario de 9 a 13.30 horas. O prazo rematará o mesmo día do desfile, o 25 de febreiro, ás 12 do mediodía. Os participantes deberán cumprir todos os requisitos que se establecen nas bases que poden consultar na Concellería, a través do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal e da sede.vilagarcia.gal. Os formularios de inscrición tamén están dispoñibles nos mesmos lugares.

O departamento que dirixe Sonia Outón decidiu o ano pasado apostar por revivir a figura máis tradicional e popular do Entroido galego: a do choqueiro. Con isto tamén se busca recuperar o espírito popular e espontáneo da festa máis irreverente e divertida do ano e animar a toda a xente a vivir o Entroido de forma activa, dende dentro e con máscara, para o cal non é preciso nin gastar moito, nin planificalo con demasiado tempo. Como se facía antaño, roupa vella ou calquera cousa que se atopaba na casa, sumado a unha máscara, son elementos válidos para saír de choqueiro e manter a tradición.

Os interesados en participar no desfile de Entroido de Vilagarcía poderán facelo na modalidade infantil (ata 13 anos), de adultos (a partir de 14 anos) ou de grupos. Nas dúas primeiras haberá categoría individual e de parellas, con tres premios en cada. O importe dos mesmos oscila entre os 50 e os 150 euros. Os premios máis cuantiosos son os da modalidade de grupos, que conta coas categorías de ata 20 compoñentes e de máis de 20. En cada unha delas entregaranse tres premios de entre 300 e 1.300 euros. A estas engádese o accésit de 1.000 euros para a modalidade de choqueiros, suma que se distribuirá entre os participantes, segundo acorde o xurado, e que poden concursar individualmente, en parella ou en grupo.
As formacións que acudan con carrozas ou vehículos, deberán indicalo previamente e cumprir os requisitos de dimensións, seguridade e permisos que se establecen nas bases.

En todos os casos, o xurado avaliará aspectos como a animación, espectacularidade, orixinalidade, espontaneidade, conxunción e animación musical.

E para potenciar a espectacularidade e, especialmente a animación, tamén dende o ano pasado se ofrece á posibilidade de que participen no desfile as comparsas de Entroido, que tamén deberán inscribirse e que recibirán unha achega de 300 euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -