_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura devolve o carácter de concurso ao Certame de Comparsas e eleva a dotación económica dos premios

As agrupacións musicais que desexen participar no Entroido de Vilagarcía poderán inscribirse a partir do xoves, 6 de febreiro, no certame de comparsas que este ano recupera a modalidade de concurso e eleva a contía económica dos catro premios que se concederán ás mellores actuacións. Con premios máis suculentos, a concellería de Cultura pretende atraer a atención das formacións e, co carácter competitivo, elevar a espectacularidade das actuacións. Así, a comparsa gañadora recibirá 1.200 euros, 900 a que se clasifique en segundo lugar, o terceiro premio estará dotado con 600 euros e con 300 o cuarto e último. En total, a Concellería de Cultura destina ao concurso de comparsas 3.000 euros.
03.02.2010.- O Concurso de Comparsas é o acto que tradicionalmente abre a programación de Entroido en Vilagarcía, o Domingo de Entroido, que este ano é o 23 de febreiro. O festival celebrarase no Auditorio a partir das cinco da tarde e o acceso é libre e de balde para o público, previo control de aforo por motivos de seguridade.

As comparsas que desexen concursar no certame deste ano deberán inscribirse previamente, trámite que deberán realizar entre o 6 e o 14 de febreiro, presentando o formulario debidamente cuberto nas dependencias da Concellería de Cultura, situadas no Auditorio, de luns a venres e en horario de 9 a 13 horas. O formulario pode imprimirse a través do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal . Ou da sede.vilagarcia.gal, así como obter directamente na Concellería. As bases que rexen o concurso están dispoñibles nos mesmos medios.

Ademais de ter formalizada a inscrición, son requisitos indispensables para participar que as agrupacións conten, como mínimo, con 25 integrantes, estean representados por un maior de idade, ofrecer unha actuación de entre 15 e 20 minutos e entregar na concellería copa das letras das coplillas antes do 20 de febreiro.
Un xurado nomeado pola propia concellería e composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, a música, información, deseño e xornalismo, entre outros campos, será o encargado de avaliar e fallar os premios, avaliando especialmente o ton satírico das letras, o vestiario, a animación, espectacularidade, orixinalidade, conxunción e animación musical. O fallo darase a coñecer ao remate das actuacións, tras un breve tempo para as deliberacións do xurado.

Como en edicións anteriores, so poderán participar no concurso un máximo de 10 comparsas polo que, se as inscricións superan este número, a concellería seleccionará ás dez participantes por orde de inscrición e dando prioridade ás formacións de Vilagarcía.

Independentemente do concurso, as comparsas que tamén desexen participar no desfile de disfraces e carrozas do martes de Entroido, o 25 de febreiro, recibirán unha compensación económica de 300 euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -