_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía presenta na Consellería de Cultura o proxecto do albergue de peregrinos de Carril

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, acompañado dos concelleiros de Turismo, Álvaro Carou, e de Urbanismo, Paola María, presentou onte na Consellería de Cultura da Xunta de Galicia o proxecto do albergue de peregrinos que o Concello construirá en Carril. A delegación vilagarciá foi recibida polo titular de Cultura, Román Rodríguez e pola directora da Axencia Galega de Turismo, Navia Castro, que acolleron con interese a iniciativa promovida polo goberno local e que encaixa nos plans que a administración autonómica está a desenvolver de cara á celebración do Xacobeo 2021. De feito, o conselleiro veu con bos ollos a idea de incluír a instalación na Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago que xestiona a Xunta.
01.02.2020.- Varela fixo entrega dun dossier explicando o plan do Concello para converter en albergue o inacabado edificio da nova casa de cultura de Carril, así como por argumentos e razóns históricas que avalan a posta en marcha do proxecto.
Como se sabe, o Concello pretende recuperar o edificio inacabado que hai anos se ía dedicar á nova casa de Cultura, para reconvertelo nun albergue de peregrinos. Un emprazamento ideal ao situarse nunha atalaia da Rúa Santiago Apóstolo de Carril, uns metros máis adiante da igrexa de Santiago Apóstolo, e dende a que se goza dunhas inmellorables vistas á desembocadura do Ulla e nacemento da Ría de Arousa, por onde discorre a Ruta Marítimo Fluvial Xacobea que poderían realizar moitos peregrinos.

A memoria inicial elaborada polo Concello valora nuns 600.000 euros o custe da reforma do edificio que, segundo explicou o conselleiro, para ser incluído na Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago, tería que cumprir a normativa específica que se require neste tipo de instalacións. Con estas especificacións, o Concello encargará a redacción do proxecto construtivo, comprometéndose a presentarllo a Román Rodríguez tan pronto como estea rematado.

Equipamento e xestión

En canto a financiamento da obra propiamente dita, o conselleiro explicou que os recursos dispoñibles polo seu departamento para acondicionamento de albergues non son suficientes para acometer obras deste calado. Maila isto, deixou aberta a porta á colaboración co proxecto vilagarcián mediante a dotación de mobiliario e equipamentos para a súa posta en marcha e a posible xestión directa mediante a inclusión na rede pública.

Un albergue no primixenio Camiño de Santiago, orixe da tradición milenaria
Entre os argumentos recollidos no dossier entregado ao conselleiro para amosar a idoneidade do albergue de Carril destacan a relación histórica do municipio coa tradición Xacobea, dado que Vilagarcía é enclave principal do camiño primixenio no que se sustenta a mesma: o que seguiu a embarcación que trasladou os restos do Apóstolo cara ao seu refuxio definitivo en Compostela. Este camiño primixenio foi o xerme da construción da Catedral de Santiago e tamén de todos os demais camiños de Santiago, creados polas persoas procedentes de distintos países do mundo católico que peregrinaban a Compostela para render culto ao Apóstolo. Tamén foi en Vilagarcía onde, séculos máis tarde, naceu a recreación da Traslatio, a Ruta Marítimo Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Da cripta da Catedral, ao altar da igrexa de Carril

Os feitos que demostran esa antiga relación entre Carril e a tradición Xacobea, evidéncianse, así mesmo, na propia igrexa de Carril, a de Santiago Apóstolo, consagrada ao culto a este santo e, especialmente, na mesa do altar, cuxo orixe estivo na cripta da catedral de Santiago de Compostela albergando os supostos restos do Apóstolo, e que foi doada ao templo carrilexo.
E un atractivo máis a ter en conta é a illa de Cortegada, Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas que, a maiores do seu valor natural, paisaxístico e etnográfico, é o lugar onde se atopa o primeiro dos cruceiros que sinalan o camiño que seguiu a barca cos restos do Apóstolo remontando o río no seu camiño cara Compostela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -