_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Festival Internacional de Blues de Vilagarcía naceu e continuará coa filosofía da gratuidade

Como é ben sabido, a política cultural do executivo socialista baséase na accesibilidade da música e da cultura para os vilagarciáns a través da gratuidade da inmensa maioría dos eventos que promovidos polo Concello, sobre todo daqueles multitudinarios cos que tamén se pretende dinamizar a economía local. Cousa diferente son os eventos de promoción privada. O Vilablues enmárcase no primeiro apartado, independentemente de a quen se lle encargue organizar o evento, de aí que a ninguén lle poida coller de sorpresa que o Concello queira manter a gratuidade do festival de blues, como así se fará.
31.01.2020.- O goberno local leva celebradas varias reunións co responsable da firma á que se lle encargou a organización das últimas edicións do evento, reunións nas que participaron a concelleira de Cultura e a tenente de alcalde. En vista da pretensión do empresario de redefinir o festival con concertos de pago a celebrar en recintos pechados e á clara diverxencia coa filosofía do Concello, no último destes encontros, celebrado a finais do ano pasado, déuselle de prazo todo o mes de xaneiro para que elaborase unha proposta alternativa que intentase achegar posturas. Despois de máis dun mes de espera, esa proposta nunca chegou ao Concello e a única resposta recibida foi o comunicado emitido onte a través das súas redes sociais.

O goberno local entende que o empresario está no seu dereito de tomar a decisión que crea máis conveniente para o seu negocio e os seus intereses. Igualmente, o goberno local de Vilagarcía ten o pleno dereito de defender as súas políticas e máis aínda, o deber de respectar o compromiso adquirido con toda a cidadanía que as apoiou, neste caso concreto, a relativa á gratuidade dos eventos culturais promovidos polo Concello. Ademais a intención do Concello é a de descentralizar os eventos para que estes teñan diferentes escenarios e cheguen a máis zonas e públicos da cidade.

UN FESTIVAL CON TRAXECTORIA, QUE SEMPRE FOI DE BALDE

O Festival Internacional de Blues de Vilagarcía ten xa certo percorrido. Iniciouse sendo alcalde Javier Gago e concelleiro de Cultura Roberto Araújo baixo a denominación do Rita’n Blues, dado que se celebraba en maio no marco das festas de Santa Rita. Continuou durante o mandato de Dolores García, sendo responsable de Cultura Castro Ratón, quen o trasladou ao mes de xullo baixo a denominación de Vilagarcía Blues Festival. Tras o baleiro dos anos do goberno do PP, o festival retomouse no mandato de Alberto Varela, con Sonia Outón ao fronte da área Cultura, co actual nome de Vilablues. En todas as súas edicións, o festival foi de balde e de libre acceso para a cidadanía.

Así pois, o Festival Internacional de Blues naceu e continuará celebrándose en Vilagarcía baixo a promoción do Concello e coa filosofía da gratuidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -