_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Concello e direccións dos institutos inician o camiño para adaptar os ciclos formativos ao mercado laboral da comarca

Unha das principais conclusión obtidas polo goberno local no encontro celebrado hai unhas semanas cun grupo de empresarios de Vilagarcía foi a dificultade que teñen para atopar persoal cualificado nos seus respectivos campos de traballo. Para salvar este obstáculo e promover a creación de emprego en Vilagarcía, a concelleira de Promoción Económica e de Emprego, Alba Briones, e o concelleiro de Educación, Argimiro Serén, mantiveron esta mañá unha reunión cos directores e directoras dos catros institutos de Secundaria e Formación profesional do municipio. O obxectivo: sentar as bases para adaptar a oferta formativa á demanda laboral das nosas empresas.
27.01.2020.- Á xuntanza celebrada no Concello asistiron os directores e directoras do IES Castro Alobre, Miguel Ángel González, Armando Cotarelo e Bouza Brey, aos que se lles pediu a súa opinión sobre a circunstancia que se plantea en base á experiencia dos seus respectivos centros. En liñas xerais, explicaron que cales eran as súas ofertas formativas, a demanda ou matriculación de cada ciclo e o nivel de inserción laboral dos mesmos unha vez obtida a titulación.

As direccións dos centros comparten a necesidade de que a formación vaia en consonancia coa realidade económica e social da zona en concreto, algo que xa se intenta dende os propios centros nas novas propostas que realizan cada certo tempo á Consellería de Educación, pero que tardan en chegar ou non chegan a prosperar por diferentes razóns.

O executivo socialista, como xa o fixo co sector empresarial, ofreceuse a actuar como mediador ante a Xunta de Galicia, neste caso para trasladar e defender á Consellería de Educación a implantación de novos ciclos formativos adaptados ás necesidades de Vilagarcía e a súa contorna. Para concretar a proposta, en colaboración cos centros de formación e co sector empresarial, elaborarase un mapa actualizado das especialidades ofertadas, do nivel de inserción e das necesidades dos sectores produtivos da zona. Unha vez se teña, o Concello solicitará unha entrevista co concelleiro de Educación para abordar o asunto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -