_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Concello reúne as demandas de infraestruturas e servizos das empresas de Bamio para xestionalas ante as administracións competentes

O goberno local de Vilagarcía segue a dar pasos no cumprimento dos compromisos adquiridos no marco do encontro de traballo mantido hai meses co sector empresarial. Neste contexto, o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, desprazáronse esta mañá a Bamio para reunirse cos responsables das empresas alí emprazadas co obxectivo de reunir as súas demandas concretas e tratar de darlle solucións de forma directa, as que sexan de competencia municipal, ou facendo as xestións ante as administracións correspondente, no caso de non selo.
28.01.2020.- As reunións mantidas durante toda a mañá foron cos directivos de Maderas Redondo, Thune Eureka e Carsa, que invitaron aos responsables do goberno a visitar as instalacións para darlles a coñecer a súa actividade e trasladar dun xeito máis gráfico as necesidades que teñen.

O principal asunto que comparten as empresas céntrase na necesidade de mellorar os accesos ao parque empresarial dadas as dificultades que atopan os vehículos pesados para chegar ás súas instalacións. O problema principal atópase no acceso dende a estrada xeral no límite con Catoira, o máis próximo ás empresas, debido ao pechado xiro que teñen que facer os camións. Isto dificulta en extremo a manobra, polo que moitos optan por entrar pola zona do Salgueiral, o que lles obriga a atravesar toda a zona semiurbana de Bamio, co conseguinte risco para a seguridade viaria dos peóns, sobre todo nos tramos que carecen de beirarrúas e noutros nos que nin tan sequera existe arcén e os viandantes corren o risco de caer nas taxeas de recollida de augas. Ademais solicitaron unha mellor sinalización do parque empresarial dende a estrada xeral para facilitar a chegada dos provedores e clientes que non coñecen a zona.

No que a infraestruturas viarias se refire, os empresarios tamén plantearon a necesidade de arranxan as zonas de aparcamento de pé de vía, que tras o asfaltado da calzada realizado pola Xunta quedaron en terra e a un nivel moi por debaixo da vía, o que ocasiona serios problemas e riscos á hora de estacionar, xa tendo quedado atascado algún camión, segundo indicaron aos responsables municipais.

Aínda recoñecendo que a presenza das patrullas da Policía é frecuente na zona e que a seguridade mellorou nos últimos tempos, tamén solicitaron a posibilidade de ampliar a iluminación existente, así como de instalar máis bocas de incendios, xa que actualmente existe só unha.

Dado que as estradas son de titularidade autonómica, acordouse reunir nun escrito todas estas necesidades convenientemente argumentadas, para que o Concello as traslade e xestione as consellerías de Industria e Infraestruturas.

Ás reunións de hoxe terán continuidade e ampliaranse ás demais empresas de Bamio e do resto do municipio.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -