_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello solicita a contratación de 36 traballadores a través do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía acordou na reunión de hoxe solicitar unha subvención con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial para contratar a 36 traballadores para reforzar os servizos municipais durante un período de 9 meses. O custe deste programa de emprego ascende a 476.989 euros dos cales 311.465 corresponden á axuda solicitada á administración provincial e os 165.524 restantes serán financiados polo propio Concello.
27.01.2020.- A subvención solicitada enmárcase na liña 3 do Plan Concellos, destinada ao financiamento de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. O Concello de Vilagarcía concorre anualmente a esta convocatoria que serve para reforzar o plantel de determinados servizos municipais e para axilizar a realización de determinados traballos e funcións que, sen estas contratacións, serían complicados de manter ao día. Ademais, o programa favorece o acceso a un contrato laboral a persoas desempregadas de colectivos máis vulnerables.

Os postos demandados polo Concello este ano son:
11 axudantes albaneis, 4 auxiliares administrativos, 4 instaladores electricistas, 4 traballadores de conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos; 3 peóns forestais, 2 pintores/empapeladores, 1 monitor/animador deportivo, 1 carpinteiro, 1 fontaneiro, 1 soldador para arco eléctrico, 1 sepultureiro/enterrador, 1 peón laceiro/recollida de animais, 1 axudante mantedor de instalacións deportivas e 1 condutor operador de retroescavadora.
Todas as contratacións son a tempo completo, excepto a de 1 auxiliar administrativo que é a tempo parcial, e por 9 meses.

O persoal contratado integrarase en distintos servizos e departamentos municipais como Obras, Electricidade, Parques e Xardíns, Medio Ambiente, Fundación de Deportes, Intervención e Secretaría ou Emerxencias. Realizarán funcións de conservación, rehabilitación e acondicionamento de infraestruturas e instalacións municipais e mobiliario urbano; limpeza e mellora de praias, parques, xardíns e zonas medioambientais; xestión administrativa nas área de Servizos Sociais, Secretaría, Intervención, asistencia deportiva e xestión administrativa da Fundación de Deportes, asistencia ao Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias na recollida e auxilio de animais; e asistencia na conservación, mantemento e tarefas auxiliares nos cemiterios municipais.

O Concello deberá esperar a que a Deputación resolva positivamente a solicitude da subvención. Unha vez superado este trámite, remitirase a oferta de emprego ao servizo público de emprego, que será quen elabore a lista de aspirantes entre as persoas inscritas domo demandantes de emprego nas súas listas e que se axusten aos perfís requiridos.
Darase prioridade á hora da selección ás vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas que acrediten unha discapacidade superior ao 33%, familias monoparentais con fillos ao cargo, persoas cos niveis de renda máis baixa e persoas con cargas familiares.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -