_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Cantajuego regresa a Vilagarcía en maio con dúas funcións do novo espectáculo “Te estiendo mi mano”

O fenómeno Cantajuego xa ten data para a súa cita anual con Vilagarcía. Será o sábado 2 de maio cando os nenos e nenas poidan gozar de “Te estiendo mi mano”, o novo espectáculo no que os integrantes do Grupo Encanto e as personaxes do Cantajuego promovan a solidariedade e o respecto á diversidade cultural a través da música e os xogos. Dada a gran acollida que sempre teñen os espectáculos do Cantajuego, realizaranse dúas funcións na mesma xornada. As entradas xa están á venta a través de ataquilla.com e do teléfono 902504500. O prezo das entradas oscila entre os 21 e os 18 euros (máis custes de xestión da venta anticipada).
27.01.2020.- Tal e como o enuncia o título do novo espectáculo, unha vez máis, o Grupo Encanto agasallará ao público cunha montaxe especial baseada na solidariedade, a amizade, o traballo en equipo e a empatía. Cunha esmerada selección da súa longa lista de éxitos, esta filosofía refórzase aínda máis dada a expansión do fenómeno Cantajuego a países latinoamericanos, traducida na longa lista de cidades que visitarán nesta edición, tendendo así pontes culturais entre ambos os continentes.

Arroupado por unha escenografía deseñada especialmente para esta xira, “Te extiendo mi mano” estará protagonizada polos xa icónicos Cantajuego e os seus fieis amigos, Coco, Pepe e Buby entre outras personaxes, para despregar un espectáculo cheo de música, coreografías, humor e enerxía que integra por igual a pequenos e maiores.

O sábado 2 de maio, haberá unha primeira función ás 16.30 horas e unha segunda ás 19:00 horas. As entradas custan 20 euros (zona A), 19 (B) e 18 (c). Tamén se habilita unha entrada para a Fila 1 a 21 euros, para os que queiran ver o espectáculo en primeira liña.

Na venta anticipada deberán sumarse a estes presos os correspondentes gastos de xestión. De non esgotarse as entradas antes, tamén se poderán adquirir na billeteira do Auditorio o mesmo día, a partir das 14.30 horas para a primeira función e a partir das 17.00 para a segunda.

O espectáculo está destinado ao público infantil a partir de 12 meses. Todos os asistentes deberán pagar entrada, incluso os bebés de menos de 12 meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -