_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A Vía Verde do Salnés entrará nos circuítos especializados de promoción a nivel nacional e europeo

A axenda do alcalde de Vilagarcía e do concelleiro de Turismo en FITUR completouse cunha reunión de traballo cos responsables da Fundación de Ferrocarriles Españoles, entidade que xestiona, tanto as Vías Verdes como os museos do ferrocarril de todo o Estado. No encontro concretouse a labor promocional a nivel nacional e europeo que a Fundación lle dará á Vía Verde do Salnés tan pronto estea operativa. Tamén se acordou a sinatura dun convenio de colaboración para a cesión de materiais expositivos para o museo do ferrocarril de Vilagarcía, o primeiro dos cales sería unha das maquetas principais que a Fundación exhibía en FITUR.
25.02.2020.- A xuntanza para continuar avanzando no proxectos que desenvolve o Concello de Vilagarcía coa colaboración da Fundación tivo lugar no marco do stand dedicado ás Vías Verdes. Alberto Varela e Álvaro Carou reuníronse alí co xerente da FFE, José Carlos Díez Curiel, que tamén é o máximo responsable da área de museos do ferrocarril de Madrid e Cataluña, e con Maximiliano Cuevas, xefe de proxectos de Vías Verdes e un dos de elaborar o proxecto da senda que se está executando entre os municipios de Vilagarcía, Caldas e Portas.

Os vilagarciáns expuxeron o avanzado estado no que se atopan as obras financiadas por concellos e Deputación e que, a expensas de que se inicien os traballos que debe acometer á Xunta, a previsión é que a Vía Verde do Salnés estea rematada de cara á primavera. Con este horizonte, os responsables do organismo estatal anunciaron que, coincidindo coa apertura desta nova ruta, a primeira deste tipo que discorre integramente en territorio galego, a Fundación levará a cabo unha forte campaña de promoción da mesma, tanto na súa publicación física, como a través da web e das súas redes sociais. A promoción farase extensiva a países europeos, a través das asociacións e colectivos especializados en turismo activo e turismo verde, coas que mantén contacto Vías Verdes de España. Nesta promoción, non só se dará a coñecer a existencia deste novo roteiro de sendeirismo para percorrer a pé e en bici, e totalmente accesible para poder ser gozado por parte de persoas con problemas de mobilidade, senón que tamén se dará conta de todos os atractivos e recursos existentes no seu trazado -tanto naturais como etnográficos e paisaxísticos-, e nas súas inmediacións -como o Pazo de Rubiáns, cos seus camelios e Xardín de Excelencia; a Azucareira de Portas. Ademais, sinalaranse outros aspectos de interese nos tres municipios, como as augas termais e balnearios de Caldas ou o Parque Nacional de Cortegada, o Camiño de Santiago o a Ruta Fluvial Xacobea, por citar só algúns.

O encontro tamén serviu para que os vilagarciáns coñecesen o cambio de dirección no departamento de museos do ferrocarril e no novo enfoque se que lle está a dar a este tipo de espazos culturais. Díez Curiel invitou aos vilagarciáns a visitar o Museo do Ferrocarril de Cataluña, situado en Vilanova de la Geltrú, modelo a seguir no resto dos museos da rede, debido a que está dotado coas últimas tecnoloxías aplicadas aos contidos e que funciona baixo o concepto de museo interactivo. O director da Fundación recomendou que o proxecto do Museo vilagarcián collera ideas deste para aplicalas ao Mufevi, adaptándoas, obviamente, á escala do museo vilagarciá, moito máis pequeno.

Outro dos puntos abordados na reunión foi o de que a Fundación, tal como fixo no proxecto supramunicipal da Vía Verde, colaborase tamén cos Vilagarcía e Catoira encargándose de realizar un estudo previo do trazado a seguir pola senda litoral, en concreto dende a praia do Campanario, en Bamio, ata as Torres do Oeste, en Catoira, dado que neste último tramo aínda non está definido. A colaboración pídese tendo en conta que parte dos terreos polos que discorrerá este paseo peonil tamén están afectados por Adif, A idea comentarase co rexedor de Catoira e tamén na reunión a tres bandas prevista cos responsables de Costas, departamento que está a traballar no proxecto do tramo entre Carril e Bamio, a efectos de concretar a posible colaboración e coordinar criterios.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -